Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 104 Venres, 31 de maio de 2002 Páx. 7.960

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

ACORDO do 11 de abril de 2002, da Delegación Provincial de Pontevedra, polo que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 02/112-4).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no artigo 125 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Domicilio social: trav. de Vigo, 204, 36207 Vigo.

Denominación: L.M.T., C.T. e R.B.T. Carrasqueira II-Coribasa-Carrasqueira I.

Situación: concello de Vigo.

Descricións técnicas: L.M.T., subterránea, a 15 kV, de 715 m de lonxitude, con conductor tipo R.H.V., desde o C.T. existente de Carrasqueira II, na rúa Canido, alimentando en bucle o C.T. existente de Coribasa, na rúa Veigas, rematando no C.T. que se proxecta denominado Carrasqueira I, na rúa Veigas, no concello de Vigo, de 400 kVA, relación de transformación 15 kV-380/220 V. R.B.T. subterránea, de 195 m de lonxitude, con conductor tipo R.V., desde o C.T. Carrasqueira I. Reforma C.T. Carrasqueira II, con celas compactas. Reforma C.T. Coribasa con celas compactas.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de vinte días.

Pontevedra, 11 de abril de 2002.

Carmen Bianchi Valcarce

Delegada provincial de Pontevedra