Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 104 Venres, 31 de maio de 2002 Páx. 7.945

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

ORDE do 20 de maio de 2002 pola que se resolve convocatoria pública para a provisión, polo sistema de libre designación, dun posto de traballo vacante no Instituto Galego da Vivenda e Solo.

Convocada a provisión, polo sistema de libre designación, dun posto de traballo vacante no Instituto Galego da Vivenda e Solo, pola Orde do 15 de marzo de 2002 (DOG nº 66, do 5 de abril), este instituto, no uso das facultades e atribucións conferidas pola Lei 4/1988, da función pública, e os artigos 16 e 17 do Decreto 93/1991, do 20 de marzo, e vista a proposta do director xeral do IGVS, do 14 de maio,

RESOLVO:

Primeiro.-Adxudicarlle destino no posto de traballo que se indica ó funcionario que se expresa no anexo desta orde.

Segundo.-O cesamento no actual destino do funcionario que obtivo praza producirase no prazo de tres días, contados a partir do seguinte ó da data de publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia.

Se na data na que debe cesar no seu destino o funcionario está gozando dun período de licencia,

vacacións ou permiso, o prazo para efectualo empezará a contar a partir do día seguinte ó da súa incorporación.

A toma de posesión da praza adxudicada deberase realizar no prazo de tres días a partir do seguinte ó do cesamento de tratarse da mesma localidade na que actualmente presta os seus servicios o funcionario, ou no prazo dun mes, de tratarse de distinta localidade, conforme o establecido nos artigos 14 e 16 do Decreto 93/1991, do 20 de marzo (DOG nº 58, do 25 de marzo).

Terceiro.-A xefatura de persoal do centro no que cause alta o funcionario efectuará, dentro dos prazos sinalados anteriormente, a dilixencia de toma de posesión, e seguidamente serán realizados os trámites para a súa alta en nómina.

Das citadas dilixencias remitiranse copias á Dirección Xeral da Función Pública e á Inspección Xeral de Servicios.

Cuarto.-Contra esta orde, que esgota a vía administrativa, poderase interpoñer potestativamente recurso de reposición ante este mesmo órgano no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ó da súa publicación, de conformidade co establecido na Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, segundo a redacción dada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, ou poderase interpoñer recurso contencioso-administrativo ante o xul

gado do contencioso-administrativo competente no prazo de dous meses, contados a partir do día seguinte ó da súa publicación.

Santiago de Compostela, 20 de maio de 2002.

José Cuíña Crespo

Conselleiro de Política Territorial, Obras Públicas

e Vivenda

ANEXO

DNI: 76809908.

Grupo: D.

Apelidos e nome: González López, Manuel.

Posto de traballo: secretario/a secretario xeral.

Nivel: 16.

Código posto: OT.A02.00.000.15770.003.

Localidade: Santiago de Compostela.

Dependencia: Instituto Galego da Vivenda e Solo.