Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 104 Venres, 31 de maio de 2002 Páx. 7.943

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA, RELACIÓNS INSTITUCIONAIS E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 27 de maio de 2002, do tribunal designado para xulga-lo proceso selectivo para o acceso ó corpo facultativo de grao medio da Xunta de Galicia (grupo B), escala de enxeñeiros técnicos de obras públicas, pola que se fan públicos a data, a hora e o lugar de realización do primeiro exercicio da fase de oposición.

En sesión que tivo lugar o día 27 de maio de 2002, o tribunal designado pola Orde do 9 de abril de 2002 para xulga-lo proceso selectivo para o ingreso no corpo facultativo de grao medio da Xunta de Galicia (grupo B), escala de enxeñeiros técnicos de obras públicas, convocado pola Orde do 8 de outubro de 2001, acordou, de conformidade co disposto na base III.10 da convocatoria, que o primeiro exercicio da fase de oposición se realizará o día 17 de xuño de 2002, na aula 5 da Escola Galega de Administración Pública, rúa Madrid, 2-4, en Santiago de Compostela, en chamamento único.

A realización do exercicio comezará ás 16.30 horas, e os opositores deberán estar alí presentes ás 16 horas.

Os aspirantes deberán ir provistos de DNI ou documento fidedigno acreditativo da súa identidade, a xuízo do tribunal, lapis do nº 2 e goma de borrar.

Santiago de Compostela, 27 de maio de 2002.

Agustín Hernández Fernández de Rojas

Presidente do tribunal