Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 104 Venres, 31 de maio de 2002 Páx. 7.923

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA, RELACIÓNS INSTITUCIONAIS E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 15 de maio de 2002, conxunta da Consellería da Presidencia, Relacións Institucionais e Administración Pública e da Consellería de Medio Ambiente, pola que se adxudican as prórrogas das bolsas de predoutoramento en temas de ambiente, convocadas por Orde do 27 de marzo de 2002.

A orde conxunta da Consellería da Presidencia, Relacións Institucionais e Administración Pública e da Consellería de Medio Ambiente do 27 de marzo de 2002 (DOG do 16 de abril), aprobaba no anexo I as bases que rexerán a convocatoria dunha nova prórroga de bolsas de predoutoramento para a continuación de teses de doutoramento en temas de investigación en ambiente, correspondentes ó Programa de Investigación en Medio Ambiente do Plan Galego de Investigación e Desenvolvemento Tecnolóxico.

Na base 6 do anexo I, da mencionada orde de convocatoria, determinábanse os criterios de selección que deberían ter en conta os membros da comisión correspondente.

Na súa virtude, atendendo a proposta elaborada pola citada comisión,

RESOLVEMOS:

Primeiro.-Concedérlle-las novas prórrogas das bolsas de predoutoramento para a continuación de teses de doutoramento en temas de investigación en ambiente ás persoas que se relacionan no anexo desta resolución.

Segundo.-A inobservancia por parte dos beneficiarios de calquera das bases establecidas na orde

de convocatoria do 27 de marzo de 2002 (DOG do 16 de abril), suporá a perda do dereito a percibi-la axuda correspondente.

Terceiro.-Contra esta resolución poderán os interesados interpoñer recurso potestativo de reposición ante o conselleiro da Presidencia, Relacións Institucionais e Administración Pública ou ante o conselleiro de Medio Ambiente, no prazo dun mes que comezará a contar a partir do día seguinte ó da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia. De non estima-la interposición deste recurso, poderán interpoñer recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ó da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

Disposición derradeira

Esta resolución entrará en vigor o día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 15 de maio de 2002.

P.O. (Orde 27-3-2002,P.O. (Orde 27-3-2002,

DOG do 16 de abril) DOG do 16 de abril)

Miguel A. Ríos FernándezFrancisco Pan Montojo

Conselleiro da Presidencia, Conselleiro de Medio

Relacións Institucionais e Ambiente

Administración Pública

ANEXO

BolseiroDNI

Alonso Pérez, Ana Isabel36122299-V

Cal Prieto, Mª Jesús32797745-K

Piñeiro Iglesias, María34894902-S

Uhia Castro, Edith53171981-Y

CONSELLERÍA DE CULTURA, COMUNICACIÓN SOCIAL

E TURISMO