Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 103 Xoves, 30 de maio de 2002 Páx. 7.916

VI. ANUNCIOS

OUTROS ANUNCIOS

SOCIEDADE MUNICIPAL DE XESTIÓN DO TRANSPORTE URBANO DE SANTIAGO DE COMPOSTELA, S.A.

ANUNCIO do 29 de abril de 2002 para a reparación/reposición, conservación e limpeza anual de marquesiñas do rural do concello de Santiago de Compostela.

Obxecto do contrato: mantemento e limpeza, reparación ou reposición, se é o caso, das marquesiñas das zonas rurais do Concello de Santiago de Compostela.

Duración do contrato: o contrato terá unha duración de dous anos desde a súa sinatura. Poderá ser prorrogado, antes da súa finalización e por mutuo acordo das partes, por outro período de dous anos. A duración máxima non poderá ser superior ós catro anos, incluídas as prórrogas.

Tipo de licitación: ascende a 29.000 A ó ano, IVE incluído, incluíndo tódolos gastos derivados da formalización e cumprimento deste contrato.

Forma de adxudicación: concurso e procedemento aberto.

Documentación: información e documentación nas oficinas de Tussa (estación de autobuses de Santiago de Compostela, praza de Camilo Díaz Valiño, s/n). Teléfono 981 56 82 10. Fax: 981 57 43 24.

Proposicións: as proposicións para tomar parte na licitación presentaranse nas oficinas de Tussa no prazo de quince días naturais desde a publicación deste anuncio, en horario das nove ás catorce horas.

Criterios de adxudicación: son os sinalados no artigo 8 do prego de condicións.

Garantía definitiva: será dun 4% do importe da adxudicación, formalizado a través de calquera procedemento aceptado en dereito, e á disposición de Tussa para garanti-lo cumprimento das obrigas derivadas do contrato.

Modelo de proposición.

D./Dna. ....., con enderezo en ....., e DNI número....., actuando en nome propio ou en representación de....., con domicilio en....., toma parte no concurso convocado pola Sociedade Municipal de Xestión do Transporte Urbano de Santiago, S.A. (Tussa) para a prestación do servicio de mantemento, limpeza, conservación e reparación das marquesiñas no rural do concello de Santiago de Compostela, e fai constar que coñece e acepta o prego de cláusulas administrativas e que se compromete a realiza-los traballos de acordo con el e polos seguintes prezos:

a) Reparación, reposición, mantemento, limpeza, conservación e reparación das marquesiñas: ..... euros ó ano.

b) Reparación, reposición mantemento, limpeza, conservación e reparación de cada marquesiña adicional ás comprendidas: ..... euros/unidade.

O/a licitador/a

Neste contrato enténdese que os contratistas, ó formularen as súas propostas económicas, incluíron o importe do IVE.

Santiago de Compostela, 29 de abril de 2002.

Carlos González Lozano

Director xerente