Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 103 Xoves, 30 de maio de 2002 Páx. 7.909

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE FAMILIA E PROMOCIÓN DO EMPREGO, MULLER E XUVENTUDE

RESOLUCIÓN do 29 de maio de 2002, da Secretaría Xeral da Consellería de Familia e Promoción do Emprego, Muller e Xuventude, pola que se anuncia o concurso público aberto, trámite de urxencia para a subministración de mobiliario para o centro de menores en Palavea-A Coruña.

Esta secretaría xeral, unha vez cumpridos os trámites administrativos correspondentes, resolve anuncia-lo concurso para a seguiente contratación:

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Consellería de Familia e Promoción do Emprego, Muller e Xuventude.

b) Dependencia que tramita o expediente: Secretaría Xeral.

c) Número de expediente: 26/2002.

2. Obxecto do contrato.

a) Descrición do obxecto: subministración de mobiliario para o centro de menores en Palavea-A Coruña.

b) Número de unidades que se van entregar:

c) División por lotes e número:

d) Lugar de entrega: centro de menores en Palavea-A Coruña.

e) Prazo de entrega: 45 días.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación:

a) Tramitación: urxente.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso público.

4. Orzamento base de licitación.

Importe total: 246.384,23 A.

5. Garantía provisional.

Non se esixe.

6. Obtención de documentación e información.

a) Entidade: rexistro xeral da consellería.

b) Domicilio: San Caetano.

c) Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15781.

d) Teléfono: información índole administrativa: 981 54 46 80.

e) Telefax: 981 54 56 85.

f) Data límite de obtención de documentos e información: ata remata-lo prazo de presentación de proposicións.

7. Requisitos específicos do contratista. Solvencia económica e financeira e solvencia técnica e profesional.

Calquera dos establecidos nos artigos 16 a 18 do Real decreto lexislativo 2/2000, do 16 de xuño, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos das administracións públicas.

8. Presentación de ofertas ou das solicitudes de participación.

a) Data límite de presentación: dez (10) días naturais seguintes ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

b) Documentación que se vai presentar: a que figura na cláusula 5 do prego de cláusulas administrativas particulares, debendo figurar no exterior dos sobres o CIF do licitador. No caso de que estean inscritos no Rexistro de Contratistas achegarase grampado no exterior do sobre nº 1 o certificado do mencionado rexistro.

c) Lugar de presentación.

1) Entidade: rexistro xeral da Consellería de Familia e Promoción do Emprego, Muller e Xuventude.

2) Domicilio: San Caetano.

3) Localidade e código postal: Santiago de Compostela 15781.

(Ou na forma establecida no punto 5.2 do prego de cláusulas administrativas particulares).

d) Prazo durante o que o licitador estará obrigado a mante-la súa oferta: 3 meses.

e) Admisión de variantes: non se admiten.

9. Apertura de ofertas.

a) Entidade: Consellería de Familia e Promoción do Emprego, Muller e Xuventude.

b) Domicilio: San Caetano.

c) Localidade: Santiago de Compostela.

d) Data: o décimo día hábil seguinte ó de remata-lo prazo de presentación de ofertas. De coincidir este en sábado, pasará ó seguinte día hábil.

e) Hora: 12 horas.

10. Outras informacións.

11. Gastos do anuncio: este anuncio será por conta do adxudicatario.

12. Data de envío do anuncio ó Diario Oficial de las Comunidades Europeas (se é o caso).

13. Portal informático ou páxina web onde figuren as informacións relativas á convocatoria ou onde poden obterse os pregos.

http://www.xunta.es/contratacion/resultado.asp?N=1300

Santiago de Compostela, 29 de maio de 2002.

Javier Batán Rodríguez

Secretario xeral da Consellería de Familia

e Promoción do Emprego, Muller e Xuventude

CENTRO INFORMÁTICO PARA A XESTIÓN TRIBUTARIA,

ECONÓMICO-FINANCEIRA

E CONTABLE