Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no artigo 125 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita:
Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.
Domicilio social: travesía de Vigo, 204, 36207 Vigo.
Denominación: L.M.T. e C.T. Ribeira de Fefiñáns.
Situación: concello de Cambados.
Descricións técnicas: L.M.T., subterránea, a 20 kV, de 24 m de lonxitude, con conductor tipo R.H.Z., desde a L.M.T. As Sinas ata o C.T. de 250 kVA, R.T. 20 kV-380/220 V, que se proxecta na rúa Ribeira de Fefiñáns, no concello de Cambados, rematando no punto de inicio da liña.
Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de vinte días.
Pontevedra, 16 de abril de 2002.
Carmen Bianchi Valcarce
Delegada provincial de Pontevedra