Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 102 Mércores, 29 de maio de 2002 Páx. 7.844

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE

EDICTO do 27 de marzo de 2002, do Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Ourense, relativo á iniciación do procedemento de clasificación como veciñal en man común do monte denominado O Rial, a favor dos veciños do Rial, no concello de Maceda.

O Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Ourense acordou, en sesión celebrada o 26 de setembro de 2001, inicia-lo expediente de clasificación como veciñal en man común a favor dos veciños do Rial, do monte denominado O Rial, no concello de Maceda e coas características que de seguido se relacionan, nomeándose instructores do expediente a José Ramón Goyanes Flores e Míriam Areal López.

Publícase de acordo co establecido no artigo 23.2º do Decreto 260/1992, do 4 de setembro (DOG nº 186, do 23 de setembro), polo que se aproba o regulamento para a execución da Lei 13/1989, do 10 de outubro, de montes veciñais en man común.

Concello: Maceda (Ourense).

Denominación do monte: O Rial.

Comunidade propietaria: O Rial.

Superficie: 16,16 ha aproximadamente.

Estremas:

Norte:

Sitio coñecido coma Lameira: estrada de Ramil a Maceda e Francisco Agustín Prieto Vila.

Sur:

Sitio coñecido como Pino: Santiago Ferreiro Pérez e Samuel Peña Cid.

Leste:

Sitio coñecido coma As Abellas: Manuel Grande González, Francisco Agustín Prieto Vila e Elena Casal Estévez.

Oeste:

Sitio coñecido como Alto: José Graña Ferreiro, Carmen Formoso Formoso e Manuel Casado Diéguez.

Iníciase a apertura do período dun mes para a práctica de alegacións a partir do día seguinte da publicación do edicto no Diario Oficial de Galicia.

Ourense, 27 de marzo de 2002.

Míriam Areal López

Secretaria do Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Ourense

Visto e prace

Agustín Prado Verdeal

Presidente do Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Ourense