Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 102 Mércores, 29 de maio de 2002 Páx. 7.842

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 7 de maio de 2002, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se somete a información pública a solicitude de autorización administrativa, aprobación do proxecto de execución e declaración de utilidade pública, en concreto, da instalación eléctrica anexo ó proxecto da L.M.T. Castro-A Barrela, no concello de Carballedo. (Expediente 020/1999 A.T.).

1. Autorización administrativa.

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, e título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, sobre autorizacións de instalacións de enerxía eléctricas, sométese a información pública a petición de autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución para o trazado das liñas eléctricas de referencia, que contan coas características técnicas que se relatan a continuación:

-Peticionario: Unión Fenosa Distribución, S.A.

-Finalidade: mellora da infraestructura eléctrica existente na zona.

-Descricións técnicas principais:

1. Liña media tensión aérea ó C.T. de centro escolar con orixe na L.M.T. ó C.T. Lousada e remate no paso aéreo-subterráneo da L.M.T. ó C.T. centro escolar, tensión de 20 kV, cunha lonxitude de 0,331 km en conductor LA 56/54,6 mm con apoios 2/HVH e 3/HV.

2. Liña de media tensión subterránea ó C.T. do centro escolar cunha tensión de 20 kV, con orixe no paso aéreo-subterráneo da L.M.T. ó C.T. centro escolar e remate no C.T. de centro escolar, cunha lonxitude de 0,015 km.

3. Centro de transformación prefabricado de centro escolar situado na Barrela cunha potencia de 160 kVA e relación de transformación 20.000/380-220 V.

4. Liña de baixa tensión aérea do centro escolar con orixe no C.T. do centro escolar cunha lonxitude de 0,17 km con 4 apoios HV.

5. Rede de baixa tensión subterránea do centro escolar con orixe no C.T. centro escolar e cunha lonxitude de 0,015 km.

2. Urxente ocupación.

O beneficiario, ó amparo do título IX da Lei 54/1997, do 27 de novembro, do sector eléctrico solicita, así mesmo, a declaración de utilidade pública das instalacións incluídas neste proxecto, que, segundo o sinalado no artigo 54, da devandita lei, levará implícita en todo caso a necesidade de ocupación dos bens ou de adquisición dos dereitos afectados e implicará a urxente ocupación para os efectos do artigo 52 da Lei de expropiación forzosa. Polo tanto, a presente resolución de información pública, na que se relacionan tódolos bens e dereitos afectados pola urxente ocupación, realízase tamén para os efectos previstos no citado título IX da Lei 54/1997 e no capítulo V do título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro.

3. Alegacións.

O que se fai público para que poidan examinarse o proxecto de instalacións e anexo nesta Delegación Provincial (edificio administrativo, Ronda da Muralla, 70, Lugo), e formula-las reclamacións, por duplicado, que se consideren oportunas durante o prazo de vinte días. Igualmente, os interesados poderán formular, se é o caso, e no mesmo prazo, alegacións por escrito que estimen oportuno, podendo corrixi-los erros que se encontren ó relaciona-los bens afectados ata o mesmo momento do levantamento das actas previas.

Esta publicación realízase igualmente para os efectos do artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, cando os titulares dos predios propostos sexan descoñecidos ou se ignore o lugar de notificación, e así dirixirlle ó Ministerio Fiscal as dilixencias que se produzan, de conformidade co artigo 5 da Lei de expropiación forzosa, do 16 de decembro de 1954.

Lugo, 7 de maio de 2002.

Jesús Bendaña Suárez

Delegado provincial de Lugo

Relación de propietarios, bens e dereitos afectados

Expediente: 020/1999Provincia: Lugo

L.C.R. Castro-A BarrelaTermo municipal: Carballedo

L.M.T. a C.T. Centro escolar

PREDIOSPROPIETARIOSAFECCIÓN

ApoioVoo

NºSitioCultivoNome e apelidosEnderezonº apoiommlm

10As LamasMonte baixoJosé Eiriz EyreAvda. Peares

27520 A Barrela

C.T.C.8

11As LamasMonte baixoMª Luisa Blanco Guerra Avda. de Cea, 2 A

27520 A Barrela

3,5 e C.T.C10189

CONSELLERÍA DE POLÍTICA AGROALIMENTARIA E

DESENVOLVEMENTO RURAL