Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 102 Mércores, 29 de maio de 2002 Páx. 7.840

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 17 de abril de 2002, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se anuncia o levantamento das actas previas á ocupación de bens e dereitos afectados pola instalación eléctrica que se cita. (Expediente 225/2001).

Outorgada a declaración de utilidade pública que leva implícita a urxente ocupación dos bens e derei

tos afectados polas instalacións da liña eléctrica aérea a 20 kV, de 1.072 m de lonxitude e centro de transformación en Baleeira de Caneliñas, no termo municipal de Cee, (expediente 225/2001), por resolución de esta delegación provincial do 9 de novembro de 2001, a favor da entidade beneficiaria Electra del Jallas, S.A. con domicilio na praza da Constitución, nº 17, 15270 Cee (A Coruña).

Esta delegación acorda sinala-lo día 6 de xuño de 2002 para o levantamento das actas previas á ocupación, de conformidade cos artigos 52 da Lei de expropiación forzosa, do 16 de decembro de 1954, e 56 do seu Regulamento do 26 de abril de 1957, nas que se describirán os bens ou dereitos expropiables e de imposición de servidume de paso de enerxía eléctrica, contidos na relación de predios que se expón xunto con esta resolución no taboleiro de edictos do Concello de Cee, deducida da que se someteu a información pública no DOG, BOP e no xornal El Correo Gallego de datas 1 de agostos, 2 de xullo e 21 de xuño de 2001, respectivamente, acto ó que deberán concorre-los propietarios propostos dos predios afectados, ós que se lles practicará notificación individual sinalándoselle-los horarios de toma de datos sobre o terreo e do levantamento efectivo das actas nas oficinas da referida casa do concello.

Esta publicación realizarase igualmente para os efectos do artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, cando os titulares dos predios propostos sexan descoñecidos ou se ignore o lugar de notificación; e así dirixir ó Ministerio Fiscal as dilixencias que se produzan destes, de conformidade co artigo 5 da citada Lei de expropiación forzosa.

A Coruña, 17 de abril de 2002.

Jesús Espada Martínez

Delegado provincial da Coruña