Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 102 Mércores, 29 de maio de 2002 Páx. 7.820

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

UNIVERSIDADE DE VIGO

RESOLUCIÓN do 3 de maio de 2002 pola que se nomea profesora titular de universidade da área de coñecemento de teoría da literatura e literatura comparada, do departamento de Traducción, Lingüística e Teoría da Literatura, a Beatriz Suárez Briones (praza 33/2001).

Consonte coa proposta formulada pola comisión constituída para xulga-lo concurso, convocado por resolución desta universidade do 7 de xuño de 2001 (BOE do 23 de xuño), para a provisión dunha praza de profesor titular de universidade da área de coñecemento de teoría da literatura e literatura comparada, do departamento de Traducción, Lingüística e Teoría da Literatura, en prol de Beatriz Suárez Briones, con DNI número 76807204-S, e cumprindo a interesada os requisitos do punto 2º do artigo 5 do Real decreto 1888/1984, do 26 de setembro,

Este rectorado, en uso das atribucións conferidas polo artigo 42 da Lei 11/1983, do 25 de agosto, de reforma universitaria, e demais disposicións que a desenvolven, resolveu nomear a Beatriz Suárez Briones profesora titular de universidade da área de coñecemento de teoría da literatura e literatura comparada, do departamento de Traducción, Lingüística e Teoría da Literatura.

Este nomeamento producirá plenos efectos a partir da correspondente toma de posesión pola interesada, que deberá efectuarse no prazo máximo dun mes, contado desde o día seguinte ó da publicación desta resolución no Boletín Oficial del Estado.

Contra esta resolución que esgota a vía administrativa poderase interpoñer recurso ante a xurisdicción contencioso-administrativa, no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ó da súa publicación no Boletín Oficial del Estado, de conformidade co disposto na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa.

Non obstante, os interesados poderán optar por interpor contra esta resolución recurso de reposición, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ó da súa publicación no Boletín Oficial del Estado perante o mesmo órgano que a dictou. Neste caso non caberá interpo-lo recurso contencioso-administrativo antes citado mentres non recaia resolución expresa ou presunta do recurso de reposición, de acordo co disposto na Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, modificadora da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Vigo, 3 de maio de 2002.

Domingo Docampo Amoedo

Rector da Universidade de Vigo