Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 102 Mércores, 29 de maio de 2002 Páx. 7.819

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

ORDE do 14 de maio de 2002 pola que se resolve a convocatoria pública para a provisión, polo sistema de libre designación, dun posto de traballo vacante na Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais anunciada por Orde do 8 de abril de 2002.

Convocada por Orde do 8 de abril de 2002 (DOG nº 76, do 19 de abril) a provisión, polo sistema de libre designación, dun posto de traballo vacante na Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais, de conformidade co previsto no artigo 27.2º da Lei 4/1988, do 26 de maio, da función pública de Galicia, na súa nova redacción dada pola Lei 4/1991, do 8 de marzo e Lei 3/1995, do 10 de abril, e nos artigos 16 e 17 do Decreto 93/1991, do 20 de marzo, e no uso das facultades conferidas polo artigo 15.4º da devandita lei. Esta consellería

DISPÓN:

Primeiro.-Resolve-la convocatoria pública para a provisión, polo sistema de libre designación, dun posto de traballo vacante nesta consellería, anunciada pola Orde do 8 de abril de 2002 (DOG nº 76, do 19 de abril).

Segundo.-Adxudicarlle destino, no posto de traballo que se indica, ó persoal que se relaciona no anexo desta orde.

Terceiro.-O persoal mencionado deberá tomar posesión no prazo sinalado no artigo 14 do Decreto 93/1991, do 20 de marzo.

Cuarto.-Contra esta orde, que pon fin á vía administrativa, os interesados poderán interpor recurso contencioso-administrativo perante o Xulgado do Contencioso-Administrativo competente no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 14 de maio de 2002.

Antonio Pillado Montero

Conselleiro de Xustiza, Interior

e Relacións Laborais

ANEXO

NRP ou DNI: 694794913A2051.

Apelidos e nome: Sánchez Castro, Pedro Luis.

Grupo: B.

Corpo/escala: xestión.

Código do posto: XUA010000036170040.

Denominación: Servicio de Estudios e Publicacións.

Nivel: 28A.

Dependencia: Academia Galega de Seguridade.

Localidade: A Estrada.