Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 102 Mércores, 29 de maio de 2002 Páx. 7.795

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE PESCA E ASUNTOS MARÍTIMOS

ORDE do 9 de maio de 2002 pola que se acorda a prórroga da intervención administrativa da Confraría de Pescadores San Bartolomé de Noia.

Por Decreto 285/2001, do 8 de novembro, acordouse a intervención administrativa da Confraría de Pescadores San Bartolomé de Noia, como consecuencia da súa grave situación económica e patrimonial, ó poñer en perigo a súa existencia como corporación de dereito público; todo isto ó abeiro do disposto no artigo 37 do Decreto 79/1998, do 12 de febreiro, polo que se regula a estructura, organización e funcionamento das Confrarías de Pescadores de Galicia.

No artigo 4 do Decreto 285/2001, establécese que a intervención se estenderá durante o prazo de seis meses, podendo ser prorrogado por outro período igual de seis meses, mediante orde do conselleiro competente, se non estivera restablecida a situación económica da confraría, logo do informe motivado do interventor.

Rematado o prazo sinalado no artigo 4 do Decreto 285/2001, e informado pola intervención da necesidade de realizar unha serie de traballos co fin

de restablece-lo equilibrio económico, o conselleiro de Pesca e Asuntos Marítimos, por todo o exposto

DISPÓN:

Artigo único.-Prorrogar por seis meses a intervención administrativa da Confraría de Pescadores San Bartolomé de Noia.

Santiago de Compostela, 9 de maio de 2002.

Enrique César López Veiga

Conselleiro de Pesca e Asuntos Marítimos

CONSELLERÍA DE FAMILIA E PROMOCIÓN DO EMPREGO,

MULLER E XUVENTUDE