Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 101 Martes, 28 de maio de 2002 Páx. 7.780

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE VIVEIRO

ANUNCIO de contratación.

A Comisión de Goberno do Concello de Viveiro, en sesión que tivo lugar o día 13 de maio de 2002, aprobou o expediente de contratación da obra que a seguir se relaciona:

1. Obxecto do contrato: execución da obra pavimentación e servicios na avenida Antonio Bas.

2. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación:

a) Tramitación: urxente.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso.

3. Orzamento base de licitación: sesenta mil cento un euros con vinteún céntimos de euro (60.101,21 euros), de acordo coa seguinte desagregación:

Orzamento de execución material: 43.538,98 euros.

Gastos xerais: 5.660,07 euros.

Beneficio industrial: 2.612,34 euros.

IVE: 8.289,82 euros.

4. Garantías:

a) Provisional: mil douscentos dos euros con dous céntimos de euro (1.202,02 euros).

b) Definitiva: 4% do importe da adxudicación.

5. Obtención de documentación: o proxecto técnico e o prego de cláusulas administrativas estarán á disposición de tódolos interesados no Negociado de Urbanismo e Contratación, sito nos Claustros de San Francisco, avda. de Cervantes, s/n, en horario das 8 ás 15 horas.

6. Prazo de presentación das proposicións: 13 días naturais seguintes á publicación do anuncio no derradeiro dos boletíns oficiais (Diario Oficial de Galicia e BOP). No caso de que o día décimo terceiro coincida en sábado, domingo ou festivo, entenderase o prazo prorrogado ata o día laborable seguinte.

7. Gastos de publicidade: serán por conta do adxudicatario.

8. Máis información: teléfono: 982 56 20 47, en horario das 8 ás 15 horas. Fax: 982 56 31 56. Correo electrónico: viveiro*fegamp.es.

Viveiro, 15 de maio de 2002.

Justo Vázquez Chao

Alcalde accidental