Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 101 Martes, 28 de maio de 2002 Páx. 7.779

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE VERÍN

ANUNCIO da anulación de convocatoria de concurso.

Por acordo do pleno do Concello de Verín, con data do 13-5-2002, estimouse a reclamación que interpuxo Industrias Abalde, S.L., contra o prego de cláusulas económico-administrativas para a contratación en réxime de concesión administrativa do servicio municipal de abastecemento de auga potable e saneamento do Concello de Verín, que polo foi aprobado polo pleno desde concello na sesión do 21-3-2002.

Consecuentemente, na devandita sesión do 13-5-2002, acordouse a modificación do prego que se dixo e anulación da convocatoria do concurso que se fixera pública no DOG nº 67, do 8 de abril de 2002 (e corrección de erros no DOG nº 76, do 19 de abril) e no BOP nº 76, do 4 de abril de 2002 (e corrección de erros no BOP nº 86, do 16 de abril); anulación de convocatoria que se fai pública mediante a inserción deste anuncio no DOG e no BOP.

Verín, 13 de maio de 2002.

Juan Manuel Jiménez Morán

Alcalde