Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 101 Martes, 28 de maio de 2002 Páx. 7.773

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE

EDICTO do 20 de maio de 2002, da Secretaría Xeral da Consellería de Medio Ambiente, polo que se lle notifica a Mario Araújo Ledo a incoación de expediente disciplinario.

Intentanda, mediante carta certificada con aviso de recibo, a notificación de incoación de expediente disciplinario a Mario Araújo Ledo, peón do Servicio de Defensa contra Incendios Forestais, adscrito ó distrito forestal XVII-O Condado Paradanta sen que conste a súa recepción polo interesado, en aplicación do disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, procede a súa notificación a medio de anuncio no taboleiro de edictos do concello do seu último domicilio e no Diario Oficial de Galicia. Na súa virtude, reprodúcese integramente, para que sirva de notificación ó interesado, o texto da resolución de incoación do expediente:

«Visto o informe de data 3 de abril de 2002 que emite a Delegación Provincial desta consellería en Pontevedra en relación coa non asistencia ó seu posto de traballo de Mario Araújo Ledo, persoal laboral interino, categoría de peón do Servicio de Defensa contra Incendios Forestais, adscrito ó distrito forestal XVII-O Condado-Paradanta, comarca forestal O Condado, no que se expón que o traballador foi declarado en situación de incapacidade temporal para o traballo por mor dun accidente laboral con data 14-12-2001, sendo dado de alta médica con data 28-1-2002 sen que desde esta última data se reincorporase ó seu posto de traballo, nin conste reclamación xurisdiccional contra a alta nin comunicación ningunha do traballador perante a Consellería de Medio Ambiente.

Tendo en conta que a falta de incorporación ó posto de traballo pode ser constitutiva dunha presunta actividade infractora de incumprimento das obrigas laborais por parte do traballador que é necesario esclarecer,

DISPOÑO:

Primeiro.-A incoación de expediente disciplinario a Mario Araújo Ledo ó abeiro do disposto no artigo 49 do III Convenio colectivo único para o persoal laboral da Xunta de Galicia.

Segundo.-O nomeamento de José Antonio García Món e Manuel Vázquez Rodríguez, funcionarios con destino na Delegación Provincial desta consellería en Pontevedra como instructor e secretario respectivamente, do procedemento.

Notifíquese o disposto ó expedientado e ós funcionarios designados como instructor e secretario do procedemento, facéndolles saber que lles son de aplicación as normas relativas á recusación e abstención dos artigos 28 e 29 da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999.

Notifíquese, tamén, o disposto ó comité de empresa da Delegación Provincial da Consellería de Medio Ambiente en Pontevedra».

Santiago de Compostela, 20 de maio de 2002.

José Luis Aboal García-Tuñón

Secretario xeral da Consellería de Medio Ambiente