Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 101 Martes, 28 de maio de 2002 Páx. 7.750

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 3 de abril de 2002, da Delegación Provincial de Ourense, pola que se autoriza e se declara, en concreto, de utilidade pública, para os efectos da urxente ocupación, a instalación eléctrica denominada L.M.T., C.T., R.B.T. Marcado (Rante), no concello de San Cibrao das Viñas, provincia de Ourense. (Expediente IN407A 01/154-3 A.T.).

Examinado o expediente instruído por pedimento de Unión Fenosa Distribución, S.A., con domicilio para efectos de notificacións na r/ A Batundeira nº 2, Velle, 32960 Ourense, sobre autorización, aprobación do proxecto e declaración, en concreto, de utilidade pública da instalación eléctrica de referencia resultan os seguintes antecedentes de feito:

Primeiro.-A petición someteuse a información pública por Acordo do 3 de decembro de 2001, desta

delegación provincial, publicado no DOG do 5 de febreiro de 2002, no BOP de Ourense do 24 de xaneiro e no xornal La Región do 7 de febreiro de 2002, en aplicación dos artigos 125 e 144 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se aproba o regulamento de aplicación da Lei 54/1997, do 27 de novembro, do sector eléctrico.

Segundo.-Durante o período de información pública presentáronse as seguintes alegacións:

-María Teresa Picouto Nóvoa, como titular do predio nº 1 da relación de afectados, non está de acordo co trazado da instalación e solicita o seu cambio por sentirse seriamente prexudicada.

Terceiro.-O proxecto, coas características básicas que se reflicten a continuación, recibiu o informe favorable dos servicios técnicos desta delegación provincial, efectuándose a comprobación sobre o terreo da traza da liña eléctrica proxectada, na que non se dá ningunha das limitacións á constitución de servidume de paso ás que se refire o artigo 161 do citado Real decreto 1955/2000.

-Liña aérea a 20 kV en conductor LA-56 e apoios de formigón (4) metálicos (1), de 678 m, con orixe no apoio proxectado da L.M.T. ó C.T. Louzán-Bertólez e final no C.T. aéreo proxectado en Marcado, de 50 kVA e r/t 20.000/380-220 V.

-Liña de baixa tensión, de 570 m, en conductor tipo R.Z. e apoios de formigón.

-Orzamento: 37.951,268 euros.

Fundamentos de dereito:

Primeiro.-A Delegación Provincial de Industria e Comercio de Ourense é competente para resolver este expediente con fundamento no Estatuto de autonomía de Galicia, no Real decreto 2563/1982, do 24 de xullo, sobre traspaso de funcións e servicios da Administración do Estado á Comunidade Autónoma galega en materia de industria, enerxía e minas, e no exercicio das competencias atribuídas polo Real decreto 1955/2000, e polo Decreto 36/2001, do 25 de xaneiro (DOG do 16 de febreiro).

Segundo.-Á vista da alegación presentada, da contestación dada pola empresa promotora e do resto da documentación que consta no expediente, queda de manifesto que:

1. Non corresponde a esta fase do procedemento resolve-las cuestións económicas derivadas das afeccións, xa que iso compete ó xurado provincial de expropiación, logo de ve-las «follas de aprecio» contradictorias que presenten as partes, polo que, neste sentido, non se toman en consideración as alegacións indicadas máis arriba.

2. O trazado proposto busca, segundo o seu autor, a solución óptima técnico-económica para o conxun

to da instalación e cumpre o sinalado no Decreto 3151/1968, do 28 de novembro, polo que se aproba o regulamento técnico de liñas eléctricas aéreas de alta tensión, e coa demais lexislación de aplicación.

Terceiro.-No expediente cumpríronse os trámites sinalados no artigo 53 da sinalada Lei 54/1997, e os regulamentarios ordenados nos capítulos II e V do título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, que regula o procedemento de autorización de instalacións de enerxía eléctrica. Así mesmo, as instalacións e o seu proxecto de execución reúnen tódolos requisitos técnicos necesarios.

Esta delegación provincial, de acordo co que antecede e no exercicio das competencias que ten atribuídas,

RESOLVE:

Primeiro.-Autorizar a Unión Fenosa Distribución, S.A. a execución das instalacións eléctricas previstas no proxecto L.M.T., C.T., R.B.T., Marcado (Rante), situadas no concello de San Cibrao das Viñas.

Segundo.-Declara-la utilidade pública, en concreto, das instalacións eléctricas autorizadas, coas consecuencias establecidas no artigo 54 da Lei 54/1997, do sector eléctrico, de necesidade de ocupación dos bens ou de adquisición dos dereitos afectados, e a urxente ocupación para os efectos do artigo 52 da Lei de expropiación forzosa. Igualmente levará implícita a autorización para o establecemento ou paso da instalación eléctrica sobre terreos de dominio, uso ou servicio público, ou patrimoniais do Estado, ou das comunidades autónomas, ou de uso público, propios ou comunais da provincia ou municipio, obras e servicios dos mesmos e zonas de servidume pública.

Terceiro.-Que o representante da Administración, en cumprimento do disposto nos artigos 52 da Lei de expropiación forzosa, do 16 de decembro de 1954, e 149 do Real decreto 1955/2000, dea comezo o levantamento das actas previas á ocupación, nos días e horas que a cada interesado se lle notifiquen individualmente, daqueles predios que figuran no anexo da resolución de información pública do proxecto.

Contra a presente resolución, que non é definitiva en vía administrativa, cabe interpoñer recurso de alzada ante o conselleiro de Industria e Comercio no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ó da súa publicación, conforme o establecido no artigo 114 da Lei 30/1992, do 26 de decembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, ou calquera outro recurso que se considere pertinente.

Ourense, 3 de abril de 2002.

Ramón Fernández-Linares Bouza

Delegado provincial de Ourense