Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 100 Luns, 27 de maio de 2002 Páx. 7.696

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

ACORDO do 1 de marzo de 2002, da Delegación Provincial de Pontevedra, polo que se somete a información pública a petición de autorización administrativa e a declaración de utilidade pública, en concreto, das instalacións e obras constitutivas dos saltos pertencentes ó aproveitamento hidroeléctrico do río Lérez. (Expediente IN407A 02/71-4 e dous máis).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e artigos 125 e 144 do R.D. 1955/2000, así como no artigo 123 da Lei de augas, texto refundido polo Real decreto lexislativo 1/2001, sométese a información pública a petición de autorización administrativa, a declaración de utilidade pública, en concreto, e a urxente ocupación dos saltos pertencentes ó aproveitamento hidroeléctrico do río Lérez, no seu conxunto, que se describe a continuación:

-Concesionario: Unión Fenosa Generación, S.A.

-Domicilio social: avda. de San Luis, 77, 28033 Madrid.

-Título: aproveitamento hidroeléctrico do río Lérez.

-Situación: concellos de Campo Lameiro e Cotobade.

A concesión definitiva do aproveitamento e a autorización administrativa e aprobación do proxecto das instalacións electromecánicas está composta e refírese a tres saltos hidroeléctricos das denominacións e características seguintes:

Salto nº 1+2-central Anllo (expediente IN407A 02/71-4 e 3/273/5).

-Características técnicas do proxecto constructivo:

Salto hidroeléctrico no río Lérez, situado nos concellos de Cotobade e Campo Lameiro (Pontevedra). O tramo do río ocupado polo salto será da cota 302 á 250, cun salto bruto de 52 m e un caudal concedido de 20 m/s. Estará composto dun azude, que contará cunha distancia desde a cota do máximo encoro normal á cota do leito de 10 metros, da toma, dun túnel de 3 m de diámetro que constará de dous tramos de 1.250 e 50 m de lonxitude respectivamente. Ó final do primeiro dispoñerase unha cheminea de equilibrio. O túnel conecta cunha tubería forzada de diámetro de 2,50 m e 30 m de lonxitude, que se bifurca nas proximidades da central mediante un pantalón. A casa de máquinas estará dotada de dous grupos Francis de eixe horizontal de 10 m/s e 3.960 kW de potencia cada un.

-Características das instalacións electromecánicas:

Dúas turbinas Francis de 3.960 kW cada unha, para un caudal de 10 m/s, unitario; dous alter

nadores síncronos de 4.400 kVA cada un, 6 kV; transformador de potencia de 10.000 kVA, R.T. 6.000/66.000 V; transformador auxiliar de 250 kVA, R.T. 6.000/400 V; paramenta eléctrica, sistemas de control, protección e axuste.

Salto nº 3+4-central Arroibar (expediente IN407A 02/72-4 e 3/273/5):

-Características técnicas do proxecto constructivo:

Salto hidroeléctrico no río Lérez, situado nos concellos de Cotobade e Campo Lameiro (Pontevedra). O tramo do río ocupado polo salto será da cota 250 á 160, cun salto bruto de 90 m e un caudal concedido de 20 m/s. Estará composto dun azude, que contará cunha distancia desde a cota do máximo encoro normal á cota do leito de 10,50 metros, da toma, dun túnel de derivación de 3 m de diámetro que constará de dous tramos de 1.395 e 190 m de lonxitude respectivamente. Ó final do primeiro tramo dispoñerase unha cheminea de equilibrio. O túnel conecta coa tubería forzada de 2,50 m de diámetro e 61,25 m de lonxitude. Nas proximidades da central a tubería bifúrcase en dous mediante un pantalón. A casa de máquinas estará dotada de dous grupos Francis de eixe horizontal de 10 m/s e 7.090 kW de potencia cada un.

-Características das instalacións electromecánicas:

Dúas turbinas Francis de 7.090 kW cada unha, para un caudal de 10 m/s, unitario; dous alternadores síncronos de 7.878 kVA cada un, 6 kV; transformador principal de 16.000 kVA, R.T. 6.000/66.000 V; transformador auxiliar de 250 kVA, R.T. 6.000/400 V; paramenta eléctrica, sistema de control, protección e axuste.

Salto nº 5+6-Central San Xusto (expte. IN407A 2002/73-4 e 3/273/5).

-Características técnicas do proxecto constructivo: salto hidroeléctrico no río Lérez, situado nos concellos de Cotobade e Campo Lameiro (Pontevedra). O tramo do río ocupado polo salto será da cota 160 á 83, cun salto bruto de 77 m e un caudal concedido de 20 m/s. Estará composto dun azude, que contará cunha distancia da cota do máximo encoro normal á cota do letio de 6,80 m, da toma, dun túnel de 3 m de diámetro que constará de dous tramos de 1.870 e 95 m de lonxitude respectivamente. Ó final do primeiro tramo dispoñerase unha cheminea de equilibrio. O túnel conecta coa tubería forzada de 2,50 m de diametro e 116 m de lonxitude. Nas proximidades da central, a tubería bifurcarase en dous mediante un pantalón. A casa de máquinas estará dotada de dous grupos Francis de eixe horizontal de 10 m/s e 5.905 Kw de potencia cada un.

-Características das instalacións electromecánicas: dúas turbinas Francis de 5.905 kW cada unha, para un caudal de 10 m/s unitario; dous alternadores síncronos de 7.878 kVA cada un, 6 kV; transformador

principal de 14.000 kVA, R.T. 6.000/66.000 V; transformador auxiliar de 250 kVA, R.T. 6.000/400 V; paramenta eléctrica, sistema de control, protección e axuste.

A relación concreta e individualizada dos bens ou dereitos que se van expropiar figura no anexo.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas terán, a efectos informativos, a súa disposición unha copia dos proxectos técnicos para que poidan ser examinados, nos días e horas habituais de oficina nas dependencias desta delegación provincial e poderán presentar as súas alegacións por duplicado, no prazo de trinta (30) días,

a partir da última publicación ou notificación individual.

Durante o dito período calquera persoa poderá aportar así mesmo por escrito, os datos oportunos para rectificar posibles erros na relación de persoas, bens e dereitos afectados, así como formular as alegacións procedentes por razón do disposto no artigo 161 do R.D. 1955/2000.

Pontevedra, 1 de marzo de 2002.

Carmen Bianchi Valcarce

Delegada provincial de Pontevedra

Expediente IN407A 02/71-4 e 3/273/5Concello: Campo LameiroProvincia: Pontevedra

Salto nº 1+2 (Anllo)

Nº predioLugarCultivoNome e apelidosEnderezoConcellom

1Os MuíñosMonte altoComunidade Veciños San IsidroCerdedoCampo Lameiro1.380
2Regueiro da BesadiñaMonte altoComunal de FornelosFornelos-36110Campo Lameiro1.551
3Regueiro da BesadiñaMonte altoHros. Audosia BarreiroFornelos-36110Campo Lameiro2.190
4Regueiro da BesadiñaMonte altoHros. Audosia BarreiroFornelos-36110Campo Lameiro1.153
5Regueiro da BesadiñaMonte altoHros. Edelmiro OvelleiroFornelos-36110Campo Lameiro1.015
6Regueiro da BesadiñaMonte altoJosé BarreiroFornelos-36110Campo Lameiro432
7Regueiro da BesadiñaMonte altoTeresa Barreiro TorresFornelos-36110Campo Lameiro476
8PortacalvosMonte altoCarmen Peleteiro BarreiroFornelos-36110Campo Lameiro464
9PortacalvosMonte altoDosinda FentanesFornelos-36110Campo Lameiro381
10PortacalvosMonte altoTeresa Barreiro TorresFornelos-36110Campo Lameiro373
11PortacalvosMonte altoCarmen Peleteiro BarreiroFornelos-36110Campo Lameiro1.898
12PortacalvosMonte altoHros. Manuel FentanesFornelos-36110Campo Lameiro458
13PortacalvosMonte altoHros. Manuel FentanesFornelos-36110Campo Lameiro287
14PortacalvosMonte altoHros. Manuel FentanesFornelos-36110Campo Lameiro311
15PortacalvosMonte altoHros. Manuel FentanesFornelos-36110Campo Lameiro268
16PortacalvosMonte altoHros. Manuel FentanesFornelos-36110Campo Lameiro500
17PortacalvosMonte altoHros. Manuel FentanesFornelos-36110Campo Lameiro397
18PortacalvosMonte altoHros. Manuel FentanesFornelos-36110Campo Lameiro251
19UcedoMonte altoMonte Comunal de FornelosFornelos-36110Campo Lameiro1.002
20UcedoMonte altoCarmen Peleteiro BarreiroFornelos-36110Campo Lameiro1.230
21UcedoMonte altoMonte Veciñal de FornelosFornelos-36110Campo Lameiro617
22UcedoMonte altoHros. Edelmiro OvelleiroFornelos-36110Campo Lameiro29
23UcedoMonte altoDosinda FentanesFornelos-36110Campo Lameiro126
24UcedoMonte altoHros. Audosia BarreiroFornelos-36110Campo Lameiro121
25UcedoMonte altoTeresa Barreiro TorresFornelos-36110Campo Lameiro86
26UcedoMonte altoJosé BarreiroFornelos-36110Campo Lameiro70
27UcedoMonte altoHros. Edelmiro OvelleiroFornelos-36110Campo Lameiro54
28UcedoMonte altoJosé BarreiroFornelos-36110Campo Lameiro31
29UcedoMonte altoDosinda FentanesFornelos-36110Campo Lameiro50
30UcedoMonte altoMonte Veciñal de FornelosFornelos-36110Campo Lameiro925

Expediente IN407A 02/71-4 e 3/273/5Concello: CotobadeProvincia: Pontevedra

Salto nº 1+2 (Anllo)

Nº predioLugarCultivoNome e apelidosEnderezoConcellom

1A VoltiñaMonte altoVeciños de PedrePedre-36317Cotobade17.343

Expediente IN407A 02/72-4 e 3/273/5Concello: Campo LameiroProvincia: Pontevedra

Salto nº 3+4 (Arroibar)

Nº predioLugarCultivoNome e apelidosEnderezoConcellom

1Poza CerdeirasMonte altoComunidade de Veciños San Isidro.

Rpta.: Sara Gandóns Piñeiro

Gasolineira de CerdedoCampo Lameiro2.997
2Poza CerdeirasMonte altoLeovigildo Cerviño EscudeiroParada-San Isidro-36110Campo Lameiro10
3Os MuíñosMonte altoComunidade de Veciños San Isidro.

Rpta.: Sara Gandóns Piñeiro

Gasolineira de CerdedoCampo Lameiro3.006

Expediente IN407A 02/72-4 e 3/273/5Concello: CotobadeProvincia: Pontevedra

Salto nº 3+4 (Arroibar)

Nº predioLugarCultivoNome e apelidosEnderezoConcellom

1A Ponte de AnlloMonte altoVeciños de DomaDorna-36317Cotobade3.129

Expediente IN407A 02/73-4 e 3/273/5Concello: Campo LameiroProvincia: Pontevedra

Salto nº 5+6 (San Xusto)

Nº predioLugarCultivoNome e apelidosEnderezoConcellom

1Trapas de AbaixoMonte altoManuela Vázquez TapiaSuízaSuíza1.021
2Trapas de AbaixoMonte altoDiego SierraParada-San Isidro-36110Campo Lameiro49
3Trapas de AbaixoMonte altoLeovigildo Cerviño EscuderoParada-San Isidro-36110Campo Lameiro83
4Trapas de AbaixoMonte altoDiego SierraParada-San Isidro-36110Campo Lameiro41
5Trapas de AbaixoMonte altoCelina Raposeiras FontenlaParada-San Isidro-36110Campo Lameiro26

Nº predioLugarCultivoNome e apelidosEnderezoConcellom

6Trapas de AbaixoMonte altoDiego SierraParada-San Isidro-36110Campo Lameiro36
7Trapas de AbaixoMonte altoNonito Monteira QuivenParada-San Isidro-36110Campo Lameiro30
8Trapas de AbaixoMonte altoJosé Pérez FondónsParada-San Isidro-36110Campo Lameiro44
9Trapas de AbaixoMonte altoJosé SoutoParada-San Isidro-36110Campo Lameiro46
10Trapas de AbaixoMonte altoJosé Pérez FondónsParada-San Isidro-36110Campo Lameiro101
11Trapas de AbaixoMonte altoNonito Monteira QuivenParada-San Isidro-36110Campo Lameiro92
12Trapas de AbaixoMonte altoHros. Elías GarcíaParada-San Isidro-36110Campo Lameiro222
13Trapas de AbaixoMonte altoCelina Raposeiras FontenlaParada-San Isidro-36110Campo Lameiro219
14Trapas de AbaixoMonte altoCelina Raposeiras FontenlaParada-San Isidro-36110Campo Lameiro104
15Poza CerdeirasMonte altoHros. Elías GarcíaParada-San Isidro-36110Campo Lameiro163
16Poza CerdeirasMonte altoJosé SoutoParada-San Isidro-36110Campo Lameiro75
17Poza CerdeirasMonte altoHros. Elías GarcíaParada-San Isidro-36110Campo Lameiro120
18Poza CerdeirasMonte altoLeovigildo Cerviño EscuderoParada-San Isidro-36110Campo Lameiro216
19Poza CerdeirasMonte altoCelina Raposeiras FontenlaParada-San Isidro-36110Campo Lameiro298
20Poza CerdeirasMonte altoComunal ParadaParada-San Isidro-36110Campo Lameiro252

Expediente IN407A 02/73-4 e 3/273/5Concello: CotobadeProvincia: Pontevedra

Salto nº 5+6 (San Xusto)

Nº predioLugarCultivoNome e apelidosEnderezoConcellom

1SaguñedoMonte altoManuel Silva FerrónFentáns-36317Cotobade1.246
2SaguñedoMonte altoConsuelo FernándezFentáns-36317Cotobade65
3SaguñedoMonte altoConcepción Silva QuinteiroFentáns-36317Cotobade505
4SaguñedoMonte altoVerónica Quinteiro FontenlaFentáns-36317Cotobade143
5SaguñedoMonte altoJoaquín González EstévezFentáns-36317Cotobade126
6SaguñedoMonte altoEsther Barros FentanesFentáns-36317Cotobade129
7SaguñedoMonte altoHros. Manuel QuinteiroFentáns-36317Cotobade154
8SaguñedoMonte altoHros. Manuel QuinteiroFentáns-36317Cotobade107
9SaguñedoMonte altoVerónica Quinteiro FontenlaFentáns-36317Cotobade218
10SaguñedoMonte altoManuel Silva FerrónFentáns-36317Cotobade115
11PereiraMonte altoSensa DíazA Vila de Abaixo-36317Cotobade212
12PereiraMonte altoFrancisco FentanesA Vila de Abaixo-36317Cotobade1.088
13LoureiroMonte altoFelipe MeijueiroA Vila de Abaixo-36317Cotobade1.204
14LoureiroMonte altoEmilio GarcíaA Vila de Abaixo-36317Cotobade250
15SaguñedoMonte altoJosé MeijueiroA Vila de Abaixo-36317Cotobade174
16SaguñedoMonte altoEngracia VidalA Vila de Abaixo-36317Cotobade95
17SaguñedoMonte altoFrancisco TilveA Vila de Abaixo-36317Cotobade171
18A DevesaMonte altoComunal Sta. Mª de SacosC.A. A Chan, s/n-36317Cotobade1.200