Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 100 Luns, 27 de maio de 2002 Páx. 7.695

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

RESOLUCIÓN do 30 de abril de 2002, da Dirección Xeral de Política Lingüística, pola que se fai pública a adxudicación dun contrato de servicios, por concurso público polo procedemento aberto con trámite de urxencia, para a organización da exposición itinerante sobre Frei Martín Sarmiento.

En cumprimento do disposto no artigo 93 do Real decreto lexislativo 2/2000, do 16 de xuño, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos das administracións públicas, faise pública a adxudicación do seguinte contrato de servicios:

1. Entidade adxudicadora:

a) Organismo: Consellería de Educación e Ordenación Universitaria.

b) Dependencia que tramita o expediente: Dirección Xeral de Política Lingüística.

2. Obxecto do contrato:

a) Tipo de contrato: de servicios.

b) Descrición do obxecto: organización da exposición itinerante sobre Frei Martín Sarmiento.

c) Boletín ou diario oficial e data da publicación do anuncio de licitación: Diario Oficial de Galicia nº 66, do 5-4-2002.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación:

a) Tramitación: urxente.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso.

4. Orzamento base licitación:

Importe total: 145.746 A.

5. Adxudicación:

a) Data: 25-4-2002.

b) Contratista: Hemisferios Viajes, S.L.

c) Nacionalidade: española.

d) Importe de adxudicación: 145.000 A.

Santiago de Compostela, 30 de abril de 2002.

Xesús P. González Moreiras

Director xeral de Política Lingüística