Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 99 Venres, 24 de maio de 2002 Páx. 7.642

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE POLÍTICA AGROALIMENTARIA E DESENVOLVEMENTO RURAL

RESOLUCIÓN do 24 de abril de 2002, da Dirección Xeral de Infraestructuras Agrarias, pola que se notifican dous trámites de audiencia da zona de concentración parcelaria de Visantoña (Mesía-A Coruña), devoltos polo servicio de correos.

Por esta resolución e en cumprimento do establecido no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, e por ser devoltas polo servicio de correos, notifícaselles ós interesados que teñen os datos persoais e último domicilio coñecido que figuran nos anexos I e II, a proposta de modificación que lles afecta en relación co recurso de alzada interposto por Manuel Vieites Garaboa e Antonio Carro Vázquez contra o acordo de concentración parcelaria da zona de Visantoña (Mesía, A Coruña).

Santiago de Compostela, 24 de abril de 2002.

Alejandro Martínez-Geijo Nogueira-Soares

Director xeral de Infraestructuras Agrarias

ANEXO I

Destinatario: José Blanco Gómez.

Domicilio: Visantoña, 15.685 Mesía, A Coruña.

Texto: «Como consecuencia do recurso de alzada presentado por Manuel Vieites Garaboa e Antonio Carro Vázquez, contra o acordo de concentración parcelaria da zona de Visantoña (Mesía, A Coruña), poño no seu coñecemento que se propuxo a modificación que abaixo se cita e lle afecta a vostede.

Durante o prazo de 10 días, contados desde a data desta notificación, poderá vostede manifestar-lo que teña por conveniente en relación con ela. O expediente está á súa disposición durante o dito prazo nas oficinas do Servicio de Concentración Parcelaria de Santiago de Compostela. Teléfono: 981 54 47 68.

O que lle notifico a vostede.

O enxeñeiro técnico agrícola: Manuel Rodríguez Vázquez.

Modificación que se propón:

Desprazar lixeiramente o seu predio nº 580 cara ó sur, pasando a dispoñer dunha superficie de 27,05 áreas e un valor de 739,00 puntos.

Acompáñanse planos».

ANEXO II

Destinatario: Ramón Gómez Cao.

Domicilio: Visantoña, 15.689 Mesía, A Coruña.

Texto: «Como consecuencia do recurso de alzada presentado por Manuel Vieites Garaboa e Antonio Carro Vázquez, contra o acordo de concentración parcelaria da zona de Visantoña (Mesía, A Coruña), poño no seu coñecemento que se propuxo a modificación que abaixo se cita e lle afecta a vostede.

Durante o prazo de 10 días, contados desde a data desta notificación, poderá vostede manifestar-lo que teña por conveniente en relación con ela. O expediente está á súa disposición durante o dito prazo nas oficinas do Servicio de Concentración Parcelaria de Santiago de Compostela. Teléfono: 981 54 47 68.

O que lle notifico a vostede.

O enxeñeiro técnico agrícola: Manuel Rodríguez Vázquez.

Modificación que se propón:

Desprazar lixeiramente o seu predio nº 579 cara ó sur, pasando a dispoñer dunha superficie de 6,00 áreas e un valor de 178,50 puntos.

Acompáñanse planos».