Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 99 Venres, 24 de maio de 2002 Páx. 7.639

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 18 de abril de 2002, da Dirección Xeral de Industria, Enerxía e Minas, pola que se somete a información pública o proxecto de autorización de instalacións e o estudio ambiental do ramal para a subministración de gas natural a Pontedeume (A Coruña) promovido pola empresa Gas Directo, S.A. (Expediente IN 627B 01/14).

De acordo co disposto no Decreto 327/1991, do 4 de outubro, de avaliación de efectos ambientais para Galicia, na Lei 34/1998, do 7 de outubro, do sector de hidrocarburos, Regulamento xeral do servicio público de gases combustibles, aprobado polo Decreto 2913/1973, do 26 de outubro, artigos 17 da Lei de expropiación forzosa e 56 do seu regulamento, Lei 1/1997, do 24 de marzo, do solo de Galicia e demais normativa específica de aplicación, e para os efectos previstos no acordo do Consello da Xunta de Galicia do 6 de maio de 1993, polo que se designa a Consellería de Industria e Comercio como órgano competente por razón da materia para a tramitación da unidade de expediente e resolución única do procedemento, sométese a información pública o proxecto de execución e o estudio ambiental do ramal para a subministración de gas natural a Pontedeume (A Coruña), declarado de utilidade pública polo artigo 103 da citada Lei 34/1998.

Peticionario: Gas Directo, S.A., con domicilio en Capitán Haya, 53 (C.P. 28020), Madrid, titular da autorización administrativa outorgada por resolución da Dirección Xeral de Industria do 11 de decembro de 2000 para a distribución de gas natural no termo municipal de Pontedeume (A Coruña).

Obxecto da petición: estudio ambiental e aprobación do proxecto de instalacións do ramal para a subministración de gas natural a Pontedeume (A Coruña).

A autorización de instalacións que se solicita comportará, de acordo co que establecen os artigos 103 e 105 da Lei 34/1998, do 7 de outubro, os beneficios da declaración de utilidade pública e a necesidade de ocupación urxente para o efecto de expropiación forzosa dos bens e dereitos afectados necesarios para o establecemento destas instalacións e da imposición e o exercicio da servidume de paso e doutras limitacións de dominio.

Características das instalacións:

O ramal principal terá a súa orixe na conexión á estación de regulación e medida que se situará na posición I-014.2 do ramal a Ferrol (Enagás) no termo municipal de Pontedeume. Finalizará nun armario de regulación, do que partirá a futura rede de distribución.

Desde a posición de conexión, situada nas proximidades da pequena localidade de Vilamoure, ó leste de Pontedeume, o trazado do ramal toma dirección SW para baixa-lo Alto da Gandariña polo Amenedo. Discorrendo en paralelismo coa liña de máxima pendente, para así garanti-la estabilidade e seguridade da canalización, o trazado cruza a estrada AC-144, á altura da localidade de Cabria Nova.

O paso do trazado a través de zona abrupta finaliza ó atravesa-las localidades de Cabria Novoa e A Mediña de Riba. Unha vez superada a última localidade, o relevo suavízase e o trazado busca axustarse ó máximo ós camiños existentes e estremas das leiras, co fin de reduci-la afección a particulares. É nesta zona onde se situará a conexión para a subministración industrial a Pontedeume (p.k. 3.134).

De tal xeito, chégase á zona das Pantellas onde, tras cruza-la estrada que comunica Pontedeume coa Cruz do Cabildo (AC-144), finaliza o trazado do ramal no armario de regulación que se instalará nas proximidades de Pontedeume.

A presión máxima de servicio do ramal será de 16 bar relativos.

A lonxitude do ramal de subministración é de 3.287 m.

Termos municipais afectados:

Pontedeume.

Orzamento: o orzamento ascende a cincuenta millóns setecentas corenta e tres mil trescentas setenta pesetas (50.743.370 ptas.) (304.973,8 A).

Afección a predios particulares.

A afección a predios de propiedade privada derivada da construcción do ramal e as súas conexións, concrétase na seguinte forma:

Un: expropiación forzosa dos terreos sobre os que se construirán os elementos de instalación fixa en superficie.

Dous: para as canalizacións:

a) Imposición de servidume permanente de paso ó longo do trazado da conducción, cunha largura de dous (2) metros, un (1) a cada lado do eixe, por onde discorrerá soterrada a canalización ou canalizacións que se requiran para a conducción do gas. Esta servidume que se establece estará suxeita ás seguintes limitacións de dominio:

1. Prohibición de efectuar traballos de arada ou similares a unha profundidade superior a cincuenta (50) centímetros, así como de plantar árbores ou arbustos a unha distancia inferior a dous (2) metros, contados do eixe da canalización.

2. Prohibición de realizar calquera tipo de obras, construcción, edificación ou efectuar calquera acto que puidese danar ou perturba-lo bo funcionamento das instalacións, a unha distancia inferior a cinco (5) metros do eixe do trazado, a un e outro lado del. Esta distancia poderá reducirse sempre que se solicite expresamente e se cumpran as condicións que, en cada caso, fixe o órgano competente da Administración.

3. Libre acceso do persoal e equipamentos necesarios para poder manter, reparar ou renova-las instalacións, con pagamento, se é o caso, dos danos que se ocasionen.

4. Posibilidade de instala-los fitos de sinalización ou delimitación e os tubos de ventilación, así como de realiza-las obras superficiais ou subterráneas que sexan necesarias para a execución ou funcionamento das instalacións.

b) Ocupación temporal dos terreos necesarios para a execución das obras, da franxa que se reflicte para cada predio nos planos parcelarios de expropiación. Nesta zona farase desaparecer, temporalmente, todo obstáculo e realizaranse as obras necesarias para o tendido e instalación da canalización e elementos anexos, executando os traballos ou operacións precisas para os ditos fins.

Tres: para o paso de cables de conexión e elementos dispersores de protección catódica:

a) Imposición de servidume permanente de paso nunha franxa de terreo dun (1) metro de largo, por onde discorrerán soterrados os cables de conexión. Para os leitos dispersores de protección catódica, a franxa de terreo, onde se establece a imposición de servidume permanente de paso, terá como largura a correspondente á da instalación máis un (1) metro a cada lado.

Esta franxa estará suxeita ás seguintes limitacións:

1. Prohibición de efectuar traballos de arada ou similares a unha profundidade superior a cincuenta (50) centímetros, a plantar árbores ou arbustos e realizar todo tipo de obras, construcción ou edificación a unha distancia inferior a un metro e medio (1,5), a cada lado do cable de conexión ou do límite da instalación soterrada dos leitos dispersores, podendo exerce-lo dereito a cortar ou arrinca-las árbores ou arbustos que houber a distancia inferior á indicada.

2. Libre acceso do persoal e elementos necesarios para poder vixiar, manter, reparar ou renova-las instalacións, con pagamento, se é o caso, dos danos que se ocasionen.

b) Ocupación temporal, como necesidade derivada da execución das obras, da zona que se reflicte para cada predio nos planos parcelarios de expropiación

e na que se poderá facer desaparecer todo obstáculo, así como realiza-las obras necesarias para o tendido e montaxe das instalacións e elementos anexos, executando as obras ou operacións precisas para os ditos fins.

O proxecto inclúe planos parcelarios e a relación concreta e individualizada de bens e dereitos afectados.

O que se fai público para coñecemento xeral e especialmente dos propietarios de terreos e demais titulares afectados polo dito proxecto; a dita relación insírese ó final deste anuncio, para que poidan examinala na Dirección Xeral de Industria, Enerxía e Minas da Consellería de Industria e Comercio, Edificio administrativo San Caetano, s/n, Santiago de Compostela, e na Delegación Provincial da Consellería de Industria e Comercio da Coruña, praza Luis Seoane 2-edificio administrativo Monelos, e presentar por triplicado nos ditos centros as alegacións que consideren oportunas no prazo de vinte días a partir do seguinte á publicación deste anuncio.

Así mesmo, o estudio ambiental correspondente ás instalacións poderá examinarse nas dependencias da Dirección Xeral de Industria, Enerxía e Minas, Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental, Delegación Provincial da Consellería de Industria e Comercio da Coruña, Delegación Provincial da Consellería de Medio Ambiente da Coruña e Concello de Pontedeume, podendo presentarse cantas alegacións se consideren pertinentes dentro do mesmo prazo sinalado no parágrafo anterior.

Santiago de Compostela, 18 de abril de 2002.

Ramón Ordás Badía

Director xeral de Industria, Enerxía e Minas

Relación concreta e individualizada de bens e dereitos afectados

Proxecto: distribución de gas en Pontedeume Provincia da Coruña Concello: Pontedeume

Abreviaturas utilizadas: SE: expropiación en dominio SP: servidume de paso OT: ocupación temporal POL: polígono PAR: parcela

PredioTitular Enderezo Poboación ProvinciaSESPOTPOLPARNatureza

C-PD-1Juan Luis Brage ColizasVilamoure, 40-BreamoPontedeumeA Coruña42524515352Prado
C-PD-2Francisco Carballeira SecoAurela, 33-OmbrePontedeumeA Coruña3536015359Piñeiral
C-PD-3Mª Carmen Porral RequeiroVilamoure, 40-BreamoPontedeumeA Coruña167167015358Prado
C-PD-4Jose Seco PazosLaurel, 38-OmbrePontedeumeA Coruña4545015356Prado
C-PD-5Juan Luis Brago CotizasVilamoure, 40-BreamoPontedeumeA Coruña6964015314Prado
C-PD-6Concello de PontedeumeReal, 13PontedeumeA Coruña660Camiño
C-PD-7Florentino Vazquez Filguerias e outrosAurela, 37-OmbrePontedeumeA Coruña158158016189Prado
C-PD-8Jose Mª Curbeira Cotizas, Maruja CurbeiraLg. Regueira, 45PontedeumeA Coruña4747016183Eucaliptal
C-PD-9Maria Amado FernandezPza. Angustias, 5PontedeumeA Coruña2525016222Eucaliptal
C-PD-10America Filgueiras CurbeiraLg. Regueira, 45PontedeumeA Coruña7264016220Eucaliptal
C-PD-11Jose Mª Curbeira Cotizas, Maruja CurbeiraLg. Regueira, 45PontedeumeA Coruña113128016221Eucaliptal
C-PD-12Jose Mª Curbeira Cotizas, Maruja CurbeiraLg. Regueira, 45PontedeumeA Coruña2417516213Eucaliptal
C-PD-13Jose A. Vila Leira e outrosCabrianova, 70-OmbrePontedeumeA Coruña211214016247Piñeiral
C-PD-14Dulce Manso PenaLinneo, 5-PerilloOleirosA Coruña4822016254Eucaliptal
C-PD-15Benedicto Penedo Marcos, Antonia

Iglesias Mar

San Cibrao, 160-NogueirosaPontedeumeA Coruña374001643Eucaliptal
C-PD-16Jose Antonio Calvo MartinezCabrianova, 74-OmbrePontedeumeA Coruña50049516255Eucaliptal
C-PD-17Manuela Carrera SalgadoPza.Alvaro Vazquez Penedo, 4PontedeumeA Coruña44416256Eucaliptal
C-PD-18Descoñecido939701638Eucaliptal
C-PD-19Manuel Morales PortasRua Inmaculada, 5PontedeumeA Coruña454501632Piñeiral
C-PD-20Ramiro Calvo FreireCabrianova, 34-OmbrePontedeumeA Coruña606001633Piñeiral
C-PD-21Jose Antonio Calvo MartinezCabrianova, 44-OmbrePontedeumeA Coruña757501634Piñeiral
C-PD-22Concello de PontedeumeReal, 13PontedeumeA Coruña770Camiño
C-PD-23Eusebio Manso PenaCabrianova, 80-OmbrePontedeumeA Coruña1919016355Piñeiral
C-PD-24Descoñecido2219816354Piñeiral
C-PD-25Carmen Allegue MartinezPincho, 10PontedeumeA Coruña1210816353Piñeiral
C-PD-26Ramiro Calvo FreireCabrianova, 34-OmbrePontedeumeA Coruña3837016358Piñeiral
C-PD-27Maria Pena AllegueCabrianova, 98-OmbrePontedeumeA Coruña118115016360Piñeiral
C-PD-28Carmen Martinez AllegueO Castro-NogueirosaPontedeumeA Coruña012516361Piñeiral
C-PD-29Concello de PontedeumeReal, 13PontedeumeA Coruña440Camiño
C-PD-30Jose Antonio Calvo MartinezCabrianova, 44-OmbrePontedeumeA Coruña01201624Piñeiral
C-PD-31Antonio Feal MartinezSan Cibrao-NogueirosaPontedeumeA Coruña574691623Piñeiral
C-PD-32Mª Celsa Regueiro IglesiasCampolongo, 139-VilarPontedeumeA Coruña121481622Froiteiras

PredioTitular Enderezo Poboación ProvinciaSESPOTPOLPARNatureza

C-PD-33Concello de PontedeumeReal, 13PontedeumeA Coruña46280Camiño
C-PD-34Antonio Fonte AllegueMarques Sta. Cruz, 4-6FerrolA Coruña103601614Terra labor
C-PD-35Carmen Amado FealSan Victorino, 31-FranzaMugardosA Coruña01509861501Prado
C-PD-36Deputacion Provincial da CoruñaAlferez Provisional, s/nA CoruñaA Coruña15270Estradas
C-PD-37Josefa SanchezCabrianova, 54-OmbrePontedeumeA Coruña620012914Terra labor
C-PD-38Maria F. Sanchez GonzalezCabrianova, 88-OmbrePontedeumeA Coruña2221512915Froiteiras
C-PD-39Carmen Amado FealSan Victorino, 31-FranzaMugardosA Coruña0209862801Terra labor
C-PD-40Maria F. Sanchez GonzalezCabrianova, 88-OmbrePontedeumeA Coruña24220121034Froiteiras
C-PD-41Jose A. Vila Leira y OtroCabrianova, 70-OmbrePontedeumeA Coruña1111112917Terra labor
C-PD-42Ramon Pena VarelaCabrianova, 58-OmbrePontedeumeA Coruña3330012918Terra labor-Piñeiral
C-PD-43Descoñecido2033612925Terra labor-Piñeiral
C-PD-44Jose A. Vila Leira e outrosCabrianova, 70-OmbrePontedeumeA Coruña45612924Froiteiras
C-PD-45Francisco Leira AllegueCabrianova, 28-OmbrePontedeumeA Coruña710012923Terra labor
C-PD-46Concello de PontedeumeReal, 13PontedeumeA Coruña770Camiño
C-PD-47Francisco Leira AllegueCabrianova, 28-OmbrePontedeumeA Coruña0759762301Terra labor
C-PD-48Ramon Pena VarelaCabrianova, 58-OmbrePontedeumeA Coruña292529728Prado
C-PD-49Mª Carmen Allegue VarelaCabrianova, 46-OmbrePontedeumeA Coruña282319729Terra labor
C-PD-50Jose A. Vila Leira e outrosCabrianova, 70-OmbrePontedeumeA Coruña252149730Terra labor
C-PD-51Antonia Iglesias VarelaSan Cibrao, 160-NogueirosaPontedeumeA Coruña363449724Terra labor
C-PD-52Concello de PontedeumeReal, 13PontedeumeA Coruña13130Estradas
C-PD-53Mª Carmen Leira OteroCabrianova, 40-OmbrePontedeumeA Coruña0359723Terra labor
C-PD-54Ramon Allegue VeigaBetanzos, 9PontedeumeA Coruña222109722Terra labor
C-PD-55Jose A. Vila Leira e outrosCabrianova, 70-OmbrePontedeumeA Coruña161209637Terra labor
C-PD-56Hros. Eugenio Varela, Luis Varela LeiraMediña-OmbrePontedeumeA Coruña424249731Terra labor
C-PD-57Antonia Iglesias Varela e outrosSan Cibrao, 160-NogueirosaPontedeumeA Coruña0309638Terra labor
C-PD-58Manuel Feal MartinezCabrianova, 32-OmbrePontedeumeA Coruña222409642Terra labor
C-PD-59Descoñecido282309641Terra labor
C-PD-60Eugenio Gonzalez CalvoA Capela, 50-NogueirosaPontedeumeA Coruña465009596Prado
C-PD-61Hros. Isaac Lopez OteroVilachaMonferoA Coruña191859595Terra labor
C-PD-62Mª Mar Fonte PerezSan Cibrao-NogueirosaPontedeumeA Coruña251509590Terra labor
C-PD-63Concello de PontedeumeReal, 13PontedeumeA Coruña10453Camiño
C-PD-64Mª Dolores Martinez PerezCabrianova, 42-OmbrePontedeumeA Coruña482889586Terra labor
C-PD-65Francisco Allegue VarelaCabrianova, 76-OmbrePontedeumeA Coruña221329585Terra labor
C-PD-66Generosa Martinez VarelaVirtudes, 17PontedeumeA Coruña272659584Terra labor
C-PD-67Manuela Carrera SalgadoMediña-Barrionova-OmbrePontedeumeA Coruña7709583Froiteiras
C-PD-68Manuel Allegue LeiraSan Cibrao-TiendaPontedeumeA Coruña333109469Terra labor
C-PD-69Rodrigo Feal Martinez, Oscar Feal VazquezCabrianova-OmbrePontedeumeA Coruña715219399Terra labor
C-PD-70Manuel Feal MartinezCabrianova, 32-OmbrePontedeumeA Coruña271829400Terra labor
C-PD-71Manuel Regueiro SanchezSan Cibrao, 150-NogueirosaPontedeumeA Coruña6929274Terra labor
C-PD-72Josefina Gonzalez CalvoPortela, 47-OmbrePontedeumeA Coruña444409273Prado
C-PD-73Digna Calvo IglesiasChousa da Viña-NogueirosaPontedeumeA Coruña10809267Terra labor
C-PD-74Josefina Gonzalez CalvoPortela, 47-OmbrePontedeumeA Coruña272509268Terra labor
C-PD-75Josefa Calvo AllegueCabrianova, 56PontedeumeA Coruña1369264Prado
C-PD-76Carmen Leira Calvo y OtraCruz da Cavildo, 121-NogueirosaPontedeumeA Coruña703609269Terra labor
C-PD-77Manuel Calvo LeiraPza. Maestro Alvaro Vazquez, 1PontedeumeA Coruña729809270Terra labor
C-PD-78Concello de PontedeumeReal, 13PontedeumeA Coruña550Camiño
C-PD-79Mª Luz Rosado Gomez e outrosFederico Tapia, 19-6ºA CoruñaA Coruña443909195Terra labor
C-PD-80Nicolas Rosado Fajardo e outrosPicavia, 12A CoruñaA Coruña3209196Prado
C-PD-81Joaquin Magariños MartinezEstr. Ombre, 29-NogueirosaPontedeumeA Coruña01129194Prado
C-PD-82Jose Mª Calvo Feal, Josefina Calvo PenaCruz da Cavildo, 134-NogueirosaPontedeumeA Coruña332109201Prado
C-PD-83Angel Calvo Allegue552709203Prado
C-PD-84Jose Luis Allegue CurbeiraEsteiro, 13-NogueirosaPontedeumeA Coruña405609202Prado
C-PD-85Descoñecido424209204Prado
C-PD-86Juan Varela Gonzalez, Mª Jose VarelaA Capela-Esteiro-NogueirosaPontedeumeA Coruña783966Prado
C-PD-87Hros. Eduardo Leira Sanjuan, MªTeresa LeiraA Gandara-NogueirosaPontedeumeA Coruña88830967Prado
C-PD-88Juan Varela Gonzalez, Mª Jose VarelaA Capela-Esteiro-NogueirosaPontedeumeA Coruña1669965Prado
C-PD-89Ramon Varela GonzalezFontellas, 112-NogueirosaPontedeumeA Coruña8136970Prado
C-PD-90Hros. Fco. Fernandez Calvo, Luis Fdez. AllegueA Gandara-Polideportivo-NogueirosaPontedeumeA Coruña15205971Prado
C-PD-91Concello de PontedeumeReal, 13PontedeumeA Coruña880Camiño
C-PD-92Ramon Varela GonzalezFontellas, 112-NogueirosaPontedeumeA Coruña482790919Prado
C-PD-93Hros. Fco. Fernandez Calvo, Luis Fdez. AllegueA Gandara-Polideportivo-NogueirosaPontedeumeA Coruña42475917Froiteiras
C-PD-94Hros. Ramiro Carpente Luaces, Maria CarpenteCmo. O Seixo-NogueirosaPontedeumeA Coruña34340914Terra labor
C-PD-95Rosario Cardesin CastroEsteiro, 40-NogueirosaPontedeumeA Coruña12120915Terra labor
C-PD-96Juan Varela Gonzalez, Mª Teresa VarelaA Capela-Esteiro-NogueirosaPontedeumeA Coruña22378916Terra labor
C-PD-97Deputacion Provincial da CoruñaAlfarez Provisional, s/nA CoruñaA Coruña10180Estradas
C-PD-98Asociacion Vecinos Nogueirosa, Manuel AllegueEstr. Nogueirosa, s/n-NogueirosaPontedeumeA Coruña132445089Accesos