Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 99 Venres, 24 de maio de 2002 Páx. 7.593

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

ORDE do 13 de maio de 2002 pola que se convocan licencias por estudios para o curso 2002-2003 destinadas a funcionarios docentes non universitarios e se aproban as súas bases de concesión.

O artigo 55 da Lei orgánica 1/1990, do 3 de outubro, de ordenación xeral do sistema educativo, establece que os poderes públicos prestarán unha atención prioritaria ó conxunto de factores que favorecen a calidade e mellora do ensino, citando entre estes factores a cualificación e formación do profesorado.

Pola súa vez a citada lei, no seu artigo 56, determina que a formación permanente constitúe un dereito e unha obriga de todo o profesorado e unha responsabilidade das administracións educativas e dos propios centros. Indica que, periodicamente, o profesorado deberá realizar actividades de actualización científica, didáctica e profesional nos centros docentes, en institucións formativas específicas, nas universidades e, no caso do profesorado de formación profesional, tamén nas empresas.

A mesma lei mencionada, na disposición adicional terceira, indica que as administracións educativas, co fin de asegura-la necesaria calidade do ensino, proverán os recursos necesarios para a inclusión de licencias por estudios ou outras actividades nos

plans institucionais de formación permanente do profesorado, para asegurar a tódolos profesores ó longo da súa vida profesional a posibilidade de acceder a períodos formativos fóra do centro escolar.

No momento actual cobra unha especial importancia e urxencia a formación do profesorado a través de períodos longos nos que se reforce, complete ou actualice a súa formación inicial. Nalgúns colectivos a formación programada a través de actividades curtas e puntuais non parece suficiente, polo que se considera conveniente ofertar esta modalidade formativa de máis longa duración para favorecer que os profesionais amplíen a formación na súa especialidade, realicen proxectos de investigación, e mesmo acaden unha nova titulación, especialmente naqueles casos nos que é esixida pola normativa vixente.

Por todo o exposto, a Consellería de Educación e Ordenación Universitaria

DISPÓN:

Convocatoria

Artigo 1º

Convócanse licencias por estudios para o curso 2002-2003 dirixidas a funcionarios docentes de carreira que pertenzan ós corpos detallados no seguinte artigo, destinados actualmente e durante o próximo curso 2002-2003 en centros docentes, en equipos de orientación específicos, en centros de formación e recursos, nos servicios centrais da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria e nos servicios provinciais de Inspección Educativa, dependentes da Comunidade Autónoma de Galicia, segundo as condicións e a distribución por corpos e modalidades que se establecen e relacionan no anexo I desta orde.

Candidatos

Artigo 2º

Os corpos ós que se refire o artigo precedente son os que se detallan a continuación:

a) Mestres.

b) Profesores de ensino secundario.

c) Profesores técnicos de formación profesional.

d) Profesores de artes plásticas e deseño.

e) Mestres de taller de artes plásticas e deseño.

f) Catedráticos de música e artes escénicas.

g) Profesores de música e artes escénicas.

h) Profesores de escolas oficiais de idiomas.

i) Corpos e escalas docentes declaradas a extinguir.

j) Inspectores de educación e inspectores ó servicio da Administración educativa.

Condicións

Artigo 3º

Os candidatos deberán reuni-los seguintes requisitos:

1. Estaren en situación de servicio activo e prestando servicios ininterrompidos durante os cursos 2000-2001 e 2001-2002, e no 2002-2003 seguiren

tendo destino en centros dependentes da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria ou nos servicios provinciais de Inspección Educativa.

2. Ter, como mínimo, tres anos de antigüidade como funcionario de carreira nos corpos e escalas que se detallan no artigo 2º desta orde, dos que, cando menos, un fose exercido no corpo actual. Para estes efectos computarase o presente curso académico.

3. Non estar destinado en comisión de servicios durante o período para o que se solicita a licencia. Para tales efectos será de aplicación o disposto no artigo 13º.4 desta convocatoria.

4. Non estar destinado en adscrición temporal no exterior durante o curso 2001-2002 nin durante o período para o que se solicita a licencia. Para tales efectos será de aplicación o disposto no artigo 13º.4 desta convocatoria.

5. Obter como mínimo catro puntos no epígrafe 1.2 do baremo que figura no anexo IV a esta convocatoria.

6. Non ter desfrutado de licencia por estudios outorgada pola Consellería de Educación e Ordenación Universitaria.

7. O desfrute dunha licencia por estudios é incompatible con cursos de especialización, estadías formativas en empresas e actividades formativas no estranxeiro para profesorado de inglés e de francés; polo que, se un solicitante obtén praza en calquera destas convocatorias, deberá notificalo con carácter de urxencia e por escrito á directora xeral de Ordenación Educativa e Formación Profesional.

Solicitudes e documentación

Artigo 4º

Os candidatos ás licencias por estudios que se convocan deberán presenta-la súa solicitude segundo o modelo do anexo II e segundo o procedemento establecido nos artigos 6º e 7º.

Artigo 5º

Á solicitude xuntaráselle a seguinte documentación:

1. Folla de servicios, segundo modelo do anexo IX, debidamente cuberta polo/a solicitante e fotocopia compulsada do título administrativo de funcionario de carreira (non o título de mestre, diplomado ou licenciado), pechada o 31 de agosto ou o 30 de setembro de 2002, segundo se trate de funcionarios do corpo de mestres ou dos restantes corpos indicados no artigo 2º.

2. Proxecto de estudios ou de traballo de investigación que se pretenda realizar durante o período da licencia, segundo o contido do anexo III. Unicamente se poderá solicitar unha das modalidades.

3. No caso de solicitudes de licencias por estudios para obter por primeira vez o título de licenciado, enxeñeiro, arquitecto ou estudios equivalentes;

diplomado, enxeñeiro técnico, arquitecto técnico ou estudios equivalentes, deberá presentarse promesa ou declaración xurada de non ter previamente unha titulación equivalente.

4. Acreditación dos méritos académicos, profesionais ou de calquera índole que se considere conveniente alegar. Estes serán xustificados mediante os documentos que se especifican no anexo IV desta orde.

5. No caso das licencias por cuadrimestres (modalidade 4 e 5) deberase especifica-lo cuadrimestre que se prefire; de non facelo, adxudicaráselle automaticamente o primeiro.

6. Relación numerada e asinada da documentación presentada, seguindo a orde que aparece no indicado anexo IV.

7. Non serán tidos en conta nin valorados os méritos alegados e non xustificados debidamente, nin os que aleguen fóra do prazo ó que se refire o artigo 6º desta convocatoria.

Prazo de presentación

Artigo 6º

As solicitudes, xunto coa documentación expresada anteriormente, deberán presentarse no prazo de quince días naturais, contados a partir do seguinte ó da data de publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia, a través do rexistro xeral da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, das súas delegacións provinciais ou mediante calquera dos procedementos establecidos no artigo 38.4º da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, é imprescindible que na instancia apareza a data de recepción no organismo público correspondente. Se, en uso deste dereito, o expediente é remitido por correo, é necesario que se presente en sobre aberto para que sexa datado e selado polo funcionario de correos antes de que se proceda á súa certificación.

As oficinas receptoras remitiranlle os expedientes á Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, San Caetano, s/n, 15781 Santiago de Compostela, dentro das corenta e oito horas seguintes á súa recepción.

Valoración profesional

Artigo 7º

No mesmo prazo de presentación da documentación citada no artigo anterior, independentemente dela, o profesorado que solicite licencia deberá presentar, no Servicio de Inspección de Educación da delegación provincial correspondente, a seguinte documentación:

1. Solicitude de informe segundo o modelo que aparece como anexo V a esta orde, co fin de que o servicio de inspección emita o informe correspondente de acordo co anexo VII a esta orde.

2. Fotocopia da instancia de solicitude da licencia por estudios (anexo II).

Artigo 8º

No caso dos inspectores de educación ou inspectores ó servicio da Administración educativa presentarán, no mesmo prazo indicado no artigo anterior, a solicitude de informe (anexo VI) dirixida ó subdirector xeral de Inspección, acompañada da fotocopia do modelo de informe (anexo VIII).

Artigo 9º

1. Vistas as solicitudes, os servicios de Inspección de Educación emitirán informe, segundo o modelo recollido no anexo VII desta convocatoria, e deberán remitilo directamente ó presidente da comisión seleccionadora dentro dos sete días naturais seguintes ó da presentación da documentación aludida no artigo 6º.

2. Este informe referirase ós seguintes aspectos:

a) Organización da súa actividade docente (programación, metodoloxía, utilización de recursos, criterios de avaliación, actividades extraescolares, etc.).

b) Participación no funcionamento dos centros (traballo cos equipos docentes, departamentos, seminarios, colaboración cos órganos de goberno, titorías, etc.).

c) Participación en programas educativos de innovación.

3. O informe dos profesores solicitantes que estean destinados en comisión de servicios, liberados sindicais, etc. referirase ó período docente anterior ó destino en comisión de servicios.

4. O resultado deste informe traducirase nunha valoración global de 0 a 1,5 puntos, segundo se especifica no epígrafe 2.2 do anexo IV.

Comisión de selección

Artigo 10º

1. A selección dos candidatos realizaraa unha comisión integrada polos seguintes membros:

-O subdirector xeral de Ordenación Educativa ou persoa en quen delegue, que será o presidente.

-O xefe do Servicio de Formación do Profesorado.

-Catro membros da Inspección de Educación.

-Un funcionario da Dirección Xeral de Persoal.

-Un funcionario da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria que actuará como secretario, con voz e sen voto.

2. Cada un dos sindicatos da mesa sectorial docente nomeará un representante que poderá asistir ás sesións da comisión con voz e sen voto. Coa debida antelación, o nome do representante sindical seralle comunicado ó presidente da comisión de selección.

3. A comisión poderá dispoñe-la constitución dunha subcomisión técnica especializada só para os efectos de colaborar na valoración dos méritos previstos nos puntos 2, 3 e 5 do baremo do anexo IV. Ás reunións desta subcomisión poderán asistir representantes das organizacións sindicais con representación na mesa sectorial de persoal docente.

4. Para os efectos previstos no artigo 26.2º do Decreto 144/2001, do 7 de xuño, esta comisión considérase incluída na categoría primeira.

Resolución da convocatoria

Artigo 11º

A comisión seleccionadora realizará unha preselección segundo a puntuación obtida conforme o baremo que figura como anexo IV desta convocatoria e tendo en conta, ademais, os seguintes criterios prioritarios, para efectos de outorga-la puntuación correspondente:

1. Na modalidade 1 (teses de doutoramento) terase en conta como criterio prioritario a súa relación con algunha das áreas do currículo da educación secundaria obrigatoria ou materias do bacharelato, así como as de pedagoxía, psicoloxía ou psicopedagoxía. Excluiranse automaticamente aquelas teses de doutoramento que non se atopen na fase final da súa elaboración, polo que a persoa que dirixe a tese deberá xustificar que a súa presentación, para súa defensa, se realizará durante o período da licencia.

2. Nas modalidades 2, 3 e 4 (primeira licenciatura, enxeñería ou arquitectura; primeira diplomatura, enxeñería técnica, arquitectura técnica; segunda licenciatura, enxeñería ou arquitectura) daráselles prioridade a aquelas solicitudes relacionadas con algunha das distintas áreas do currículo da educación secundaria obrigatoria, materias do bacharelato ou módulos dos ciclos formativos así como ás de pedagoxía, psicoloxía ou psicopedagoxía.

Excluiranse os solicitantes que no momento de presenta-la documentación:

a) Teñan só pendente unha ou dúas materias para remata-la licenciatura, enxeñería, arquitectura ou estudios equivalentes; primeira diplomatura, enxeñería técnica, arquitectura técnica ou estudios equivalentes.

b) Teñan pendente, para rematar, ademais dun curso completo (ou número equivalente de materias) outras tres ou máis materias.

Para estes efectos consideraranse superadas tódalas materias das que o solicitante estea matriculado no momento de presenta-la documentación ata un máximo dun curso completo.

Considerarase como unha materia aquela que ten a duración dun curso académico ou entre doce e quince créditos. A comisión poderá face-las equivalencias pertinentes segundo a duración deles.

3. Na modalidade 5, licencias de proxectos, estes centraranse en traballos de investigación directamente relacionados co ámbito de traballo docente dos solicitantes e coas necesidades do sistema educativo, tendo en conta o seguinte:

a) Realizaranse, preferentemente, sobre algún dos seguintes ámbitos:

-Elaboración de materiais curriculares relacionados coas distintas áreas e materias do currículo.

-Elaboración de materiais curriculares que contribúan á utilización da lingua galega no ensino.

-Atención á diversidade.

-Orientación educativa, psicopedagóxica e profesional.

-Mellora da calidade da educación.

-Dirección e organización dos centros docentes.

-Aplicación das tecnoloxías da información e da comunicación ás áreas, materias e módulos do currículo.

-Temas transversais do currículo no ensino non universitario.

-Mellora da competencia comunicativa nas linguas estranxeiras. Neste caso, primarase a inmersión lingüística nun país da Unión Europea, para adquiri-lo dominio da súa lingua e coñece-la súa realidade sociocultural.

b) No caso de que o proxecto de investigación ou innovación, nesta modalidade, sexa realizado por un equipo só poderá dispoñer de licencia retribuída o/a coordinador/a del.

c) A elaboración do proxecto deberá facerse segundo se indica no anexo III.

d) A comisión poderá convoca-los interesados para a realización dunha entrevista.

No caso das licencias de proxectos para os funcionarios dos corpos de inspectores, poderán centrarse, ademais dos temas referidos anteriormente, en temas relacionados coas funcións da Inspección Educativa.

4. En caso de empate entre os funcionarios, este dirimirase atendendo sucesivamente ós seguintes criterios:

a) Maior puntuación no epígrafe 1.2 do baremo.

b) Maior puntuación no epígrafe 2.1 do baremo.

5. En ningún caso poderá excederse o número total de licencias establecido coa distribución indicada no anexo I.

Artigo 12º

1. A relación dos preseleccionados farase pública nos taboleiros de anuncios da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria e das delegacións provinciais, así como na páxina web da Xunta de Galicia no seguinte enderezo: http://www.xunta.es/conselle/ceoug/dxoefp/sformp/sfm11.htm, abríndose un prazo de cinco días naturais para efectuar reclamacións. Transcorrido este prazo, unha vez resoltas as reclamacións, a comisión seleccionadora remitiralle ó conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria a proposta de resolución da concesión de licencias por estudios, xunto coa acta ou actas definitivas nas que se indicarán as valoracións outorgadas a cada un dos candidatos, así como a relación final dos seleccionados.

2. No mesmo prazo establecido no parágrafo anterior, poderán presentarse renuncias á concesión das licencias por estudios perante a mencionada comisión seleccionadora.

Artigo 13º

1. A Consellería de Educación e Ordenación Universitaria publicará a resolución definitiva de licencias por estudios no Diario Oficial de Galicia, expedindo, así mesmo, as credenciais singulares correspondentes.

2. Unha vez resolta esta convocatoria non se admitirán renuncias ás licencias concedidas, salvo casos de excepcional gravidade e libremente apreciados pola Consellería de Educación e Ordenación Universitaria.

3. Contra esta resolución os interesados poderán interpoñer recurso potestativo de reposición perante o conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ó da súa publicación no DOG, segundo o disposto nos artigos 116 e 117 da Lei 4/1999 (BOE do 14 de xaneiro), de modificación da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, ou ben directamente o recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses perante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.

4. No caso de que un profesor obtivese simultaneamente un posto en réxime de comisión de servicios, a Consellería de Educación e Ordenación Universitaria concederá a licencia ou ben a comisión atendendo ás necesidades do servicio.

5. As solicitudes consideraranse desestimadas de non quedar resolta a convocatoria no prazo de tres meses desde a data de publicación desta orde.

Períodos de duración das licencias por estudios

Artigo 14º

1. O período improrrogable de duración das licencias dun curso completo será, como máximo, do 1 de setembro de 2002 ó 31 de agosto de 2003, para o profesorado de educación infantil e de educación primaria, e desde o 15 de setembro de 2002 ó 14 de setembro de 2003, para os corpos do profesorado de ensino secundario, ensinos de réxime especial e inspectores.

2. Nas licencias cuadrimestrais das modalidades 4 e 5, a duración dos cuadrimestres establécese do seguinte xeito:

a) Para o profesorado de educación infantil e de educación primaria:

-Primeiro cuadrimestre: do 1 de setembro de 2002 ó 31 de decembro de 2002.

-Segundo cuadrimestre: do 1 de xaneiro de 2003 ó 30 de abril de 2003.

-Terceiro cuadrimestre: do 1 de maio de 2003 ó 31 de agosto de 2003.

b) Para o profesorado que imparta docencia no ensino secundario e nas ensinanzas de réxime especial:

-Primeiro cuadrimestre: do 15 de setembro de 2002 ó 14 de xaneiro de 2003.

-Segundo cuadrimestre: do 15 de xaneiro de 2003 ó 14 de maio de 2003.

-Terceiro cuadrimestre: do 15 de maio de 2003 ó 14 de setembro de 2003.

c) Para funcionarios dos corpos de inspectores:

-Segundo cuadrimestre: do 1 de xaneiro de 2003 ó 30 de abril de 2003.

-Terceiro cuadrimestre: do 1 de maio de 2003 ó 31 de agosto de 2003.

3. Cando a licencia por estudios fose solicitada para poder desfrutar dunha bolsa concedida por algún organismo oficial, e o período de duración non coincida co do curso académico 2002-2003, poderá autorizarse o desfrute desta durante doce meses consecutivos, sen pasar, en ningún caso, a data do 31 de decembro de 2003, e sempre que as necesidades do servicio o permitan.

Documentación xustificativa

Artigo 15º

Ó longo do período de licencias por estudios, os profesores beneficiarios presentarán perante o Servicio de Formación do Profesorado da Dirección Xeral de Ordenación Educativa e Formación Profesional da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria a seguinte documentación:

1. Para a modalidade 1 enviarase entre o 16 e o 31 de marzo resumo do traballo realizado ata esa data.

2. Para as modalidades 2, 3 e 4 enviarase:

a) Durante os meses de outubro e novembro de 2002, orixinal ou fotocopia compulsada do xustificante da matrícula no centro no que se realizarán os estudios e pagamento das taxas desta.

b) Para as modalidades 2 e 3 certificado de asistencia ás clases feito por cada profesor referido ata o 15 de marzo de 2003, que se remitirá entre o 16 e o 31 do dito mes, ou declaración xurada de non ter clases presenciais, se é o caso.

c) No caso da modalidade 4 ó ser cuadrimestral, certificado de asistencia ás clases feito por cada profesor, ou declaración xurada de non ter clases presenciais, sé o caso, que se enviará do 1 ó 8 do terceiro mes no que desfrute a licencia.

d) Para a modalidade 5 ó ser cuadrimestral, enviarase do 1 ó 8 do terceiro mes no que desfrute a licencia, resumo do traballo realizado ata esa data.

3. No prazo dun mes, contado desde a finalización do período da licencia por estudios e como docu

mentación xustificativa dela, enviarase, segundo a modalidade, a seguinte documentación:

a) Para a modalidade 1: orixinal ou fotocopia compulsada do xustificante de ter depositada a tese para a súa lectura.

b) Para as modalidades 2, 3 e 4: certificación académica orixinal ou fotocopia compulsada dos estudios realizados. No caso dos beneficiarios da modalidade 4, o prazo de presentación estenderase ata o remate do curso académico.

c) Para a modalidade 5: un orixinal da memoria do proxecto realizado e unha copia en soporte informático, que comprenderá o conxunto de disquetes ou CD-ROM necesarios. Os arquivos de texto estarán elaborados cun procesador estándar para ordenador persoal. Tamén poderán incluírse arquivos de follas de cálculo, de base de datos, de ilustracións, debuxos ou gráficos.

4. Unha vez rematado o prazo de presentación das documentacións xustificativas das licencias, reunirase a comisión para face-la avaliación destas. O resultado acadado comunicaráselles ós interesados por escrito.

Situación administrativa e compromisos

dos seleccionados

Artigo 16º

Durante o tempo de duración da licencia por estudios os profesores seleccionados recibirán os emolumentos correspondentes ás súas retribucións básicas e complementarias.

Artigo 17º

A concesión de licencias por estudios implicará a incompatibilidade con calquera outra actividade pública ou privada, excepto para aqueles funcionarios docentes que teñan concedida unha compatibilidade con anterioridade á publicación desta orde.

Artigo 18º

O incumprimento do disposto nesta convocatoria poderá dar lugar á rescisión da licencia por estudios ou á posible incursión en responsabilidades disciplinarias de acordo co vixente Regulamento do réxime disciplinario dos funcionarios da Administración da Comunidade Autónoma de Galicia.

Seguimento

Artigo 19º

1. A Dirección Xeral de Ordenación Educativa e Formación Profesional efectuará o adecuado seguimento e control dos estudios e traballos que se realicen durante o período da licencia, e poderá solicitar directamente, a través de entrevista, ou por medio da Inspección Educativa, información sobre o traballo realizado e sobre o que queda pendente, de tal xeito que o non cumprimento do establecido no proxecto inicial poida dar lugar á rescisión da licencia.

2. A Consellería de Educación e Ordenación Universitaria disporá das memorias e dos traballos rea

lizados de acordo coa lexislación vixente sobre propiedade intelectual.

3. Os autores para poder publicar pola súa conta os devanditos traballos, deberán solicitar e contar coa autorización previa da Dirección Xeral de Ordenación Educativa e Formación Profesional, facendo constar na correspondente publicación que o traballo foi realizado durante unha licencia por estudios retribuída pola Consellería de Educación e Ordenación Universitaria. Esta mención figurará tanto no caso de que a publicación do traballo sexa total como parcial.

4. Co fin de que as investigacións poidan ser coñecidas polo profesorado, para contribuír á mellora do ensino, os traballos que considere de especial interese a comisión de avaliación poderán ser difundidos pola Consellería de Educación e Ordenación Universitaria.

Retirada de documentación

Artigo 20º

Durante o mes de decembro de 2002 os concursantes poderán retira-la súa documentación da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria (edificio administrativo San Caetano, bloque B, 15781 Santiago de Compostela), directamente ou a través de persoa autorizada. Transcorrido o prazo, entenderase que renuncian á súa recuperación, perdendo todo dereito sobre ela.

Disposicións derradeiras

Primeira.-Autorízase a Dirección Xeral de Ordenación Educativa e Formación Profesional para dicta-las instruccións necesarias para a aplicación e desenvolvemento desta orde.

Segunda.-Esta orde entrará en vigor o día seguinte da súa publicación no DOG.

Santiago de Compostela, 13 de maio de 2002.

Celso Currás Fernández

Conselleiro de Educación e Ordenación

Universitaria

ANEXO I

Distribución das licencias por estudios que se convocan para o curso 2002-2003 segundo as modalidades e corpos ou escalas do profesorado:

Modalidades

Tódolos

cargos agás

mestres e

inspectores

Corpo de

mestres

Corpos de

inspectores

1. Teses de doutoramento (curso completo)521

2. Primeira licenciatura (curso completo)330-

3. Primeira diplomatura, enxeñería, arquitectura ou estudios equivalentes (curso completo)10--

4. Segunda licenciatura, enxeñería, arquitectura ou estudios equivalentes (cuadrimestral)10-1

5. Proxectos (cuadrimestral)50501

Totais78823

ANEXO III

Esquema do contido do proxecto de estudios e documentación complementaria, segundo o caso.

Modalidade:

1. Tese:

1.1. Título da tese.

1.2. Informe da persoa que a dirixe, no que se especifique a data do comezo do traballo e que este se atopa en fase final da súa elaboración. Neste informe farase constar que a presentación da tese, para a súa defensa, se realizará durante o período da licencia, dato que deberá constar no informe con total claridade e seguridade, xa que de non ser así, dará lugar á exclusión inmediata do solicitante.

1.3. Traballo xa realizado.

1.4. Traballo que realizará durante o período da licencia.

1.5. Certificación académica orixinal ou fotocopia compulsada de ter aprobados os créditos correspondentes á tese de doutoramento.

1.6. Certificación orixinal ou fotocopia compulsada do departamento no que estea inscrita a tese.

2. Primeira licenciatura, enxeñería, arquitectura ou estudios equivalentes.

2.1. Escrito no que se especifique claramente as asignaturas que lle faltan para obte-la licenciatura, enxeñería, arquitectura ou estudios equivalentes, concretando a que curso pertencen.

2.2. Certificación académica orixinal do curso 2001-2002, dos estudios realizados ata a data, correspondentes á licenciatura, enxeñería, arquitectura ou estudios equivalentes que solicita, na que conste, se é o caso, as materias nas que estea matriculado no curso 2001-2002.

2.3. Fotocopia do plan de estudios que está a seguir.

2.4. Centro no que proxecta realiza-los estudios: nome, enderezo, localidade, provincia, país e teléfono.

3. Primeira diplomatura, enxeñería técnica, arquitectura técnica ou estudios equivalentes:

3.1. Escrito no que se especifique claramente as asignaturas que lle faltan para obte-la diplomatura, enxeñería técnica, arquitectura técnica ou estudios equivalentes, concretando a que curso pertencen.

3.2. Certificación académica orixinal do curso 2001-2002, dos estudios realizados ata a data, correspondentes á diplomatura, enxeñería técnica, arquitectura técnica ou estudios equivalentes que

solicita, na que conste, se é o caso, as materias nas que estea matriculado no curso 2001-2002.

3.3. Fotocopia do plan de estudios que está a seguir.

3.4. Centro no que proxecta realiza-los estudios: nome, enderezo, localidade, provincia, país e teléfono.

4. Segunda licenciatura, enxeñería, arquitectura ou estudios equivalentes:

4.1. Escrito no que se especifique claramente as asignaturas que lle faltan para obte-la licenciatura, enxeñería, arquitectura ou estudios equivalentes, concretando a que curso pertencen.

4.2. Certificación académica orixinal do curso 2001-2002, dos estudios realizados ata a data, correspondentes á licenciatura, enxeñería, arquitectura ou estudios equivalentes que solicita, na que conste, se é o caso, as materias nas que estea matriculado no curso 2001-2002.

4.3. Fotocopia do plan de estudios que está a seguir.

4.4. Centro no que proxecta realiza-los estudios: nome, enderezo, localidade, provincia, país e teléfono.

4.5. Especificar claramente o cuadrimestre que se prefire; de non facelo adxudicaráselle automaticamente o primeiro.

5. Proxectos:

Presentarase un proxecto sobre o estudio ou traballo que se vaia realizar durante o período da licencia no que se explicitarán:

-Participante/s. Datos persoais e profesionais.

-Breve descrición do traballo que se vaia realizar: xustificación, obxectivos, contidos e metodoloxía que se empregará. No caso de que xa existise un traballo persoal (ou de equipo) previo, en relación co proxecto que se presenta, indicarase a fase na que se atopa.

-As fases do traballo ou estudio. Temporalización prevista.

-Os traballos ou investigacións que supoñan unha actuación en centros docentes ou noutras institucións públicas ou privadas, xuntarán certificado de conformidade da dirección do/s centro/s co visto e prace da Inspección Educativa, ou autorización dos responsables das institucións, se é o caso.

-O proxecto terá unha extensión máxima de 20 páxinas.

-Especificar claramente o cuadrimestre que se prefire; de non facelo adxudicaráselle automaticamente o primeiro.

ANEXO IV

Méritos

Puntos por curso ou actividade

Total puntos

máximo

Documentos

1. Proxecto de estudios ou traballo.

1.1. Pola concesión da bolsa para a realización do traballo que se presenta.3

1.2. Polo interese que ofreza para mellora-la calidade do ensino na especialidade ou materia que se imparte.

Para as modalidades 2, 3 e 4 a puntuación outorgarase do seguinte xeito:

10Documentos xustificativos da concesión da bolsa.
-Curso completo ou número de materias equivalente.7O solicitado para cada modalidade no anexo III.

Méritos

Puntos por curso ou actividade

Total puntos

máximo

Documentos

-Curso completo ou número de materias equivalente menos outra materia.6
-Curso completo ou número de materias equivalente máis outra materia.5,5
-Curso completo ou número de materias equivalente menos dúas materias.5
-Curso completo ou número de materias equivalente máis dúas materias.4,5
-Curso completo ou número de materias equivalente menos tres materias.4
Nota.-A media entre 12 e 15 créditos é 13.50, que é o que se considera unha asignatura ou materia, de duración dun curso académico, tendo en conta o artigo décimo 1. B da orde de convocatoria.
-A suma do número de créditos dividido entre 13.50, dá o número de materias ou asignaturas.

2. Méritos docentes:

2.1. Servicios docentes:

2.1.1. Por cada ano de servicios como funcionario de carreira:

2.1.2. Por cada ano de servicio coa condición de catedrático adquirida:

2.1.3. Por cada ano de servicio como profesor en prácticas, interino ou contratado:

2.1.4. Por cada ano de servicio como funcionario dos corpos de inspección:

1 punto por ano completo.

0,20 puntos por ano completo.

0,50 puntos por ano completo (agás o primeiro que pode ser máis de nove meses).

0,50 puntos por ano.

Por estes tres subepígrafes ata 10 puntos.Folla de servicios debidamente cuberta polo/a solicitante e fotocopia compulsada do título administrativo de funcionario de carreira (non o título de mestre, diplomado ou licenciado).

2.2. Informe do servicio de Inspección de Educación. Ata:1,5

3. Actividades de formación permanente:

3.1. Dirección e/ou docencia en actividades de perfeccionamento relacionadas coa súa especialidade: 0,50 puntos por actividade como máximo:

Nota.-Para os titores de prácticas de mestres, do ICE e das universidades (prácticas de psicopedagoxía ou similar) puntuarase 0,25 puntos por cada ano.

Ata 25 h 0,10 p

de 26 a 50 h 0,20 p

de 51 a 75 h 0,30 p

de 76 a 100 h 0,40 p

máis 100 h 0,50 p

2Fotocopias compulsadas das certificacións acreditativas.

3.2. Asistencia a cursos, grupos estables, seminarios e outras actividades:

0,25 puntos por actividade como máximo:

3.3. Cursos de lingua galega:

3.3.1. Especialización:

3.3.2. Perfeccionamento:

Ata 25 h 0,05 p

de 26 a 50 h 0,10 p

de 51 a 75 h 0,15 p

de 76 a 100 h 0,20 p

máis 100 h 0,25 p

4

1,5

1

3.3.3. Iniciación:0,5

(Nota: non acumulables entre si).

4. Publicacións ou investigacións sobre a materia ou especialidade de ensino:

Nota.-A puntuación de cada publicación divídese polo número de autores.

Por libro 0,50 p

Libro especdo. 1 p

Revta. non espcda. 0,25 p

" espcda. 0,50 p

Video, cassette, CD, pintura, partitura, disquete 0,25 p

Especdo. 0,50 p

3

3

3

Exemplares orixinais ou fotocopias compulsadas, nos que conste o ISBN se son libros ou ISSN se son revistas.

5. Méritos académicos:

5.1. Título de doutor:

5.2. Para funcionarios do corpo de mestres: título de licenciado:

2 puntos

2 puntos

4

4

Fotocopias compulsadas de títulos ou certificación de estudios, se é o caso.

5.3. Outros títulos ou diplomas relacionados coa especialidade obxecto da materia:0,25 puntos1

ANEXO V

Modelo para solicitude de informe para

licencia por estudios

Curso 2002-2003

Don/Dona

Corpo

NRP

DNI

Centro de destino Teléfono

Localidade

Disciplina ou especialidade

Solicítalle:

Ó Servicio de Inspección da delegación provincial da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria o informe correspondente ó punto 2.2 do baremo da orde de convocatoria.

En..., ... de... de 2002.

(Asinado)

(Para que o/a funcionario/a do rexistro o remita ó citado Servicio de Inspección Educativa).

ANEXO VI

Modelo para solicitude de informe para

licencia por estudios para inspectores

Curso 2002-2003

Don/Dona

Corpo NRP

DNI

Sede de destino Teléfono

Localidade

Disciplina ou especialidade

Solicítalle:

Á Subdirección Xeral de Inspección Educativa da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria o informe correspondente ó punto 2.2 do baremo da orde de convocatoria.

En..., ... de... de 2002.

(Asinado)

(Para que o/a funcionario/a do rexistro o remita á citada Subdirección Xeral de Inspección Educativa).

ANEXO VII

Modelo de informe

Curso 2002-2003

Servicio de Inspección da delegación provincial

da Consellería de Educación e Ordenación

Universitaria

Don/Dona

Corpo

NRP

DNI Centro de destino

Teléfono Localidade

Provincia

a) Organización da súa actividade docente:

b) Participación no funcionamento do centro:

c) Participación en programas educativos de innovación e reforma:

Total da valoración outorgada de (0 a 1,5) puntos.

En..., ... de... de 2002.

O/a inspector/a

Visto e prace

O delegado provincial

ANEXO VIII

Modelo de informe para inspectores

Curso 2002-2003

Subdirección Xeral de Inspección Educativa

da Consellería de Educación e Ordenación

Universitaria

Don/Dona

Corpo

NRP

DNI Sede de destino

Teléfono

Localidade Provincia

a) Función de avaliación:

b) Función de asesoramento e información:

c) Función de control:

d) Colaboración na formación permanente do profesorado:

Total da valoración outorgada de (0 a 1,5) puntos.

En..., ... de... de 2002.

O subdirector xeral de Inspección Educativa

Visto e prace

O director xeral de Centros de Inspección Educativa