Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 98 Xoves, 23 de maio de 2002 Páx. 7.567

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE

EDICTO do 15 de abril de 2002, da Delegación Provincial de Ourense, polo que se notifican as propostas de resolución dos expedientes sancionadores OU 391/01 IN e tres máis, devoltos polo servicio de correos.

De conformidade co disposto polo artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, modificada pola Lei 4/1999, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícanselles ós denunciados cos datos persoais e último enderezo coñecido que se sinala a seguir, as propostas de resolución dos correspondentes expedientes sancionadores por presunta infracción á Lei sobre incendios forestais 81/1968, do 5 de decembro e de seu regulamento, aprobado polo Decreto 3769/1972, do 23 de decembro, en relación coa Resolución do 23 de xaneiro do 2001, da Dirección Xeral de Montes e Medio Ambiente Natural, sobre medidas para a prevención de incendios forestais durante o ano 2001, ó non ser posible a súa notificación a través do servicio de correos.

Para os efectos previstos na Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, os expedientados disporán dun prazo de quince (15) días hábiles, contados a partir do seguinte ó da publicación desta notificación para que poidan examina-lo expediente nesta delegación provincial, sita na rúa do Paseo nº 18-5º andar, e achegar por escrito as alegacións e os documentos, informacións ou propostas de probas que consideren convenientes na defensa dos seus dereitos, segundo o establecido no Regulamento para o exercicio da potestade sancionadora, aprobado polo Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto.

Para resolve-lo expediente é competente por razón da contía da multa o delegado provincial de Medio

Ambiente, de acordo co artigo 141 do regulamento da Lei de incendios forestais.

O pagamento voluntario porá fin ó expediente. O importe da sanción que en cada caso corresponda, farase efectivo na conta número 2091-0388-90-3110001181 de Caixa Galicia, empregando o impreso oficial que se facilitará na Delegación Provincial de Ourense ou en calquera unidade administrativa pertencente á Xunta de Galicia, presentándoos en calquera entidade bancaria.

Ourense, 15 de abril de 2002.

Montserrat González Pérez

Instructora

Visto e prace

Agustín Prado Verdeal

Delegado provincial de Ourense

Expediente

nº/ano

Denunciado

DNI

Último enderezo coñecidoFeito denunciadoPrecepto infrinxido e sancionadorSanción euros

OU 391/01 INTrinidad Martín González

DNI: 05806227

San Antonio, 100, 46920 Mislata (Valencia)Abandono vehículo A-33753-VEArtigo 137 e) do Regulamento do 23-12-1972 en relación coa Resolución do 23-1-2001 da DXM e MAN300,50 A

(50.000 ptas.)

OU 392/01 INMaría Jesús Ramilo Rodríguez

DNI: 76908857

A Torre, 24, 36400 Atios-O Porriño (Pontevedra)Abandono vehículo C-6570-ACArtigo 137 e) do Regulamento do 23-12-1972 en relación coa Resolución do 23-1-2001 da DXM e MAN300,50 A

(50.000 ptas.)

OU 411/01 INJosé Campio Alonso Ucha

DNI: 36131653

r/ Freixido, 87, 36315 Valadares-Vigo (Pontevedra)Abandono vehículo PO-5906-MArtigo 137 e) do Regulamento do 23-12-1972 en relación coa Resolución do 23-1-2001 da DXM e MAN300,50 A

(50.000 ptas.)

OU 418/01 INMarcos José Pintos Albo

DNI: 34983016

Grupo San Rosendo, 67

32800 Celanova (Ourense)

Abandono vehículo OU-0628-TArtigo 137 e) do Regulamento do 23-12-1972 en relación coa Resolución do 23-1-2001 da DXM e MAN300,50 A

(50.000 ptas.)