Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no artigo 125 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita:
Solicitante: Electra Alto Miño, S.A.
Domicilio social: Marqués de Valladares, 23, 2, of. 2, 36201 Vigo.
Denominación: ampliación potencia C.T. nº 30 en Fornelos.
Situación: Concello de Salvaterra de Miño.
Descricións técnicas: C.T. de 160 kVA, relación de transformación 20 kV-230/400 V, denominado nº 30 de Fornelos, no Concello de Salvaterra de Miño.
Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións, nesta delegación provincial, no prazo de vinte días.
Pontevedra, 6 de marzo de 2002.
Carmen Bianchi Valcarce
Delegada provincial de Pontevedra