Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 98 Xoves, 23 de maio de 2002 Páx. 7.550

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA, RELACIÓNS INSTITUCIONAIS E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 6 de maio de 2002 pola que se anuncia a licitación, mediante procedemento aberto e forma de adxudicación de concurso público, con tramitación urxente, do contrato de obra relativo á torre de chegada para embarcacións na pista de remo e piragüismo no encoro de Castrelo de Miño (Ourense).

Aprobado o expediente de contratación que a seguir se identifica, mediante Resolución do 3 de maio de 2002, procédese agora a efectua-lo anuncio de licitación.

Esta resolución constitúe acto de trámite para os efectos do parágrafo segundo do artigo 107 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro.

1. Entidade adxudicadora.

A Xunta de Galicia por medio da súa Secretaría Xeral para o Deporte.

2. Obxecto do contrato.

Torre de chegada para embarcacións na pista de remo e piragüismo no encoro de Castrelo de Miño (Ourense).

a) Prazo de execución: tres (3) meses.

b) Orzamento de execución por contrata: cento sete mil douscentos trinta e un euros con setenta e dous céntimos (107.231,72 A).

c) Requisitos específicos do contratista:

Clasificación empresarial: non se esixe.

3. Garantía provisional.

Dispénsase, en aplicación do disposto no artigo 35.1º do Real decreto lexislativo 2/2000, do 16 de xuño, polo que se presta aprobación ó texto refundido da Lei de contratos das administracións públicas.

4. Garantía definitiva.

Catro por cento (4%) do orzamento de licitación.

5. Obtención de documentación e información.

No Servicio de Contratación e Xestión Económica da Secretaría Xeral para o Deporte. (Estadio Mul

tiúsos de San Lázaro, s/n. Santiago de Compostela. Teléfono: 981 54 26 26. Fax: 981 54 26 39).

As fotocopias dos pregos de cláusulas administrativas, as prescricións técnicas e o proxecto técnico poderán ser solicitados directamente en Xeneral Pardiñas, nº 2 de Santiago de Compostela. Teléfono: 981 58 89 38.

Os pregos de cláusulas administrativas particulares ós que se refire o parágrafo anterior poderán ser consultados na rede da Internet (www.xunta.es/contratación).

6. Presentación de ofertas.

a) Data límite: ás 14 horas do décimo terceiro (13) día natural posterior á publicación da presente resolución no Diario Oficial de Galicia.

b) Documentación que se presentará: a requirida polo prego de cláusulas administrativas particulares.

Os contratistas que se atopen inscritos no Rexistro Xeral de Contratistas da Comunidade Autónoma e así o fagan constar na cara do sobre A (documentación administrativa) quedarán exonerados de presenta-la documentación á que se refire o artigo 5 da Orde do 23 de outubro de 1995 (DOG do 10 de novembro), modificada pola Orde do 9 de decembro de 1996 (DOG do 23 de decembro).

c) Lugar de presentación: o Rexistro de Documentos da Secretaría Xeral para o Deporte (Estadio Multiúsos. San Lázaro. 15890 Santiago de Compostela. Preinscricións fax: 981 54 26 39), ou no xeral da Xunta de Galicia (edificios administrativos de San Caetano. Santiago de Compostela), ou seren enviados por correo dentro do prazo de admisión.

d) Admisión de variantes: admítense en relación co prazo de execución do contrato e, se é o caso, ás que refire o punto B.7 da cláusula 3.2.6 do prego de cláusulas administrativas particulares.

7. Apertura de ofertas.

Levarase a cabo ás 9.30 horas do quinto día hábil seguinte ó de remate do prazo de presentación de ofertas, que non sexa sábado, na sala de xuntas da Secretaría Xeral para o Deporte (Estadio Multiúsos, San Lázaro, 15890 Santiago de Compostela).

8. Gastos de anuncios.

Será por conta do adxudicatario, o custo da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia e, se é o caso, da inserción do seu extracto nos medios de comunicación escrita.

9. Expediente anticipado de gasto.

O presente expediente tramítase baixo a modalidade de expediente anticipado de gasto e consecuentemente á adxudicación do contrato quedará condicionada na súa eficacia á existencia de crédito axeitado e suficiente no orzamento xeral ordinario da Comunidade Autónoma de Galicia para 2002.

Santiago de Compostela, 6 de maio de 2002.

P.D. (Orde 11-1-2002)

Eduardo Lamas Sánchez

Secretario xeral para o Deporte