Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 98 Xoves, 23 de maio de 2002 Páx. 7.542

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

ESCOLA GALEGA DE ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 16 de maio de 2002 pola que se corrixe o erro detectado na convocatoria dunhas Xornadas sobre promoción do voluntariado sobre a difusión pola Internet da devandita actividade.

No DOG nº 94, do día 16 de maio de 2002, aparece inserida a convocatoria dunhas Xornadas sobre promoción do voluntariado, organizadas pola EGAP en colaboración coa Consellería de Asuntos Sociais, onde se indica, por erro, que a actividade mencionada se retransmitirá pola Internet (punto nº 8).

O que se pon en xeral coñecemento.

Santiago de Compostela, 16 de maio de 2002.

Domingo Bello Janeiro

Director da Escola Galega de Administración Pública