Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 97 Mércores, 22 de maio de 2002 Páx.

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

02/62-4). 7.471

ACORDO do 6 de marzo de 2002, da Delegación Provincial de Pontevedra, polo que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 02/63-4).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no artigo 125 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: Electra Alto Miño, S.A.

Domicilio social: Marqués de Valladares, 23 2 OF 2, 36201 Vigo.

Denominación: ampliación C.T. en Fiolledo.

Situación: concello de Salvaterra de Miño.

Características técnicas: C.T. de 160 kVA, relación de transformación 20 kV-230/400 V, en Fiolledo, concello de Salvaterra de Miño.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de vinte días.

Pontevedra, 6 de marzo de 2002.

Carmen Bianchi Valcarce

Delegada provincial de Pontevedra