Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 97 Mércores, 22 de maio de 2002 Páx. 7.470

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

CÉDULA do 24 de abril de 2002, do Servicio Provincial de Transportes de Pontevedra, pola que se notifica a resolución recaída no expediente sancionador PO-01270-O-2001 incoado por infracción da normativa vixente en materia de transportes terrestres devolta polo servicio de correos por resultaren descoñecidos os seus destinatarios ou ben porque intentada a notificación non se puido efectuar.

Por medio desta cédula, notifícanselles ós denunciados, cos datos e últimos enderezos coñecidos que se sinalan no anexo, as resolucións sancionadoras, dictadas polo delegado provincial da CPTOPV de Pontevedra, facultado polo Decreto 70/1993, do 10 de marzo (DOG do 26 de marzo), recaídas nos expedientes que se citan no anexo.

Fáiselles sabe-lo dereito que os asiste de interpoñer recurso de alzada ante o director xeral de Transportes, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ó da publicación desta cédula.

No caso de conformidade con estas resolucións, deberán facer efectiva a multa mediante ingreso que debe efectuar en calquera oficina do BBVA. Transacción 1316 NIF S1511001H. Código da provincia 390005, no prazo de 15 días hábiles seguintes á firmeza desta resolución, firmeza que se producirá ó non interpoñer recurso de alzada dentro do prazo, e de non facelo así, procederase ó seu cobramento por vía de constrinximento, segundo o prescrito no artigo 97 da vixente Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE nº 285, do 27 de novembro), modificada pola Lei /1999, do 13 de xaneiro (BOE do 14 de xaneiro).

Para que conste e lles sirva de notificación ós citados denunciados, de enderezos descoñecidos, e en cumprimento do disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE nº 285, do 27 de novembro), modificada pola Lei 4/1999, citada anteriormente, expido, asino e selo esta cédula en Pontevedra, 24 de abril de 2002.

María Cruz Tomé Navas

Xefa do Servicio Provincial de Transportes de Pontevedra

ANEXO

Expediente: PO-01270-O-2001.

Matrícula: PO-6614-AT.

Denunciante: G.C. de Tráfico.

Denunciado: José Rodríguez Carreira.

Último enderezo coñecido: avda. Fragoso, 47-1, 36210 Vigo (Pontevedra).

Feito denunciado: efectuar un transporte de táboas de madeira, carecendo da tarxeta de transportes de servicio privado. Carece de distintivos. Servicio privado.

Data: 24-4-2001.

Hora: 9.55.

Estrada: A-52.

P.K.: 305.

Precepto infrinxido: artigo 103 da Lei 16/1987 e artigo 158 do R.D. 1211/1990.

Precepto sancionador: artigo 143 da Lei 16/1987 e artigo 201 do R.D. 1211/1990.

Sanción imposta: 150,25 euros.