Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 96 Martes, 21 de maio de 2002 Páx. 7.440

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE LALÍN

ANUNCIO.

A Comisión de Goberno, en sesión do 30-4-2002, acordou inicia-los trámites para a adxudicación do contrato que seguidamente se indica, e para tal efecto aprobou o correspondente prego de condicións administrativas e ordenou anuncia-lo seguinte concurso público:

Entidade adxudicadora: Concello de Lalín. Praza do Concello nº 1, 36500 Lalín. Teléfono 986 78 70 60. Fax 986 78 06 38.

Obxecto: arrendamento da parte nova da praza de abastos.

Canon mínimo: 900,51 A/mes, IVE incluído.

Duración do arrendamento: 5 anos.

Modalidade de adxudicación: concurso público, procedemento aberto e tramitación ordinaria.

Garantía provisional: 300,51 A.

Exame do expediente: os licitadores poderán examina-lo expediente na secretaría xeral do concello en horas de oficina, de luns a venres e ata o día anterior ó do remate do prazo de presentación de proposicións.

Lugar e prazo de presentación de proposicións: o presente anuncio será publicado no DOG e no BOP de Pontevedra e as proposicións presentaranse no rexistro xeral do concello ou na forma establecida no prego de condicións, dentro do prazo de 26 días naturais contados a partir do día seguinte ó da última das publicacións citadas e en horario de nove a catorce horas. As ofertas manteranse durante tres meses.

Apertura de proposicións: a apertura das proposicións terá lugar na Casa do Concello, ás doce horas do seguinte día hábil ó da finalización do prazo de presentación de ofertas; para estes efectos considéranse os sábados como días inhábiles.

O pagamento deste anuncio será por conta do adxudicatario.

Lalín, 9 de maio de 2002.

Camilo González Bodaño

Alcalde acctal.