Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 96 Martes, 21 de maio de 2002 Páx. 7.440

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DA CORUÑA

ANUNCIO (EDD 4/2002).

A Comisión de Goberno, en sesión realizada o 3 de maio de 2002, adoptou, entre outros, o seguinte acordo:

Primeiro.-Aprobar inicialmente o estudio de detalle para ordenación de volumes do soar ocupado polo mercado Eusebio da Guarda na praza de Lugo, promovido polo Concello da Coruña, coa condición de que con anterioridade á aprobación definitiva do documento, sexa presentado pola adxudicataria un texto refundido deste no que se emenden as deficiencias enumeradas no informe municipal do 3 de maio de 2002.

Segundo.-Ordena-la publicación deste acordo na forma legalmente prevista.

O que se fai público para xeral coñecemento, co fin de que á vista do expediente poidan formularse as alegacións que se consideren pertinentes durante o prazo dun mes, contado a partir do seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia. O expediente pode consultarse no Servicio de Urbanismo, sito na rúa do Parque s/n, en horario laboral de 12 a 14 horas, de luns a venres.

Os gastos desta publicación serán por conta da empresa adxudicataria do concurso: Saite.

A Coruña, 8 de maio de 2002.

Salvador Fernández Moreda

Concelleiro delegado de Urbanismo