Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 96 Martes, 21 de maio de 2002 Páx. 7.439

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DO CARBALLIÑO

ANUNCIO.

O Concello do Carballiño, por acordo de comisión de goberno con data do 25-4-2002, aprobou o prego de cláusulas administrativas, convocando concurso, expoñendo ó público o dito prego polo prazo de oito días para reclamacións, e ordenou anuncia-la seguinte licitación.

Entidade adxudicadora: Concello do Carballiño. Praza Maior, s/n, 32500 O Carballiño. Teléfono: 988 53 00 07. Fax: 988 53 00 08.

Obxecto: concesión da utilización privativa e anormal dunha porción do dominio público na rúa.

Tipo de licitación: 300,51 euros á alza.

Duración do contrato: catro anos.

Modalidade de adxudicación: concurso aberto e tramitación ordinaria.

Garantía provisional: 24,05 euros.

Exame do expediente: o expediente poderá ser examinado durante oito días hábiles, na secretaría do concello de luns a venres e sábados, de nove a trece horas.

Lugar e prazo de presentación de proposicións: as proposicións presentaranse no rexistro xeral do concello durante os vinteseis días naturais contados a partir do seguinte ó da publicación do anuncio no DOG.

Apertura de proposicións: a apertura de proposicións terá lugar na casa do concello, ás doce horas do primeiro martes hábil, seguinte ó día no que remate o prazo de presentación de ofertas.

O Carballiño, 14 de maio de 2002.

O alcalde

Rubricado