Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 96 Martes, 21 de maio de 2002 Páx. 7.433

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE SANIDADE

RESOLUCIÓN do 6 de marzo de 2002, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se comunica o inicio do expediente sancionador Secretaría 36/2002.

De conformidade co disposto no artigo 59.5º da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, do 26 de novembro, notifícaselle á persoa que a continuación se relaciona, o acordo de inicio do expediente sancionador instruído pola Delegación Provincial de Sanidade da Coruña, por incumprimento da Lei 14/1986, xeral de sanidade, do 25 abril e o Real decreto 1945/1983, do 22 de xuño, polo que se regulan as infraccións e sancións en materia de defensa do consumidor.

A partir do día seguinte á publicación deste acordo, en virtude do disposto no artigo 16.1º do Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto, Regulamento para o exercicio da potestade sancionadora, dispón do prazo de 15 días para presentar alegacións, e no

caso de non presentalas e segundo o artigo 13.2º do dito Real decreto 1398/1993, o inicio poderá considerarse proposta de resolución.

Expediente sancionador: Secretaría 36/2002.

Denunciada: Josefa Díaz Bellón.

DNI: 32594125.

Último enderezo coñecido: avda. Constitución, 87-1º esq., Ortigueira.

Cualificación da infracción: leve.

Importe da sanción: noventa euros con quince céntimos.

A Coruña, 6 de marzo de 2002.

Mª Blanca García Varela

Delegada provincial da Coruña