Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 96 Martes, 21 de maio de 2002 Páx. 7.431

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 2 de abril de 2002, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se autoriza e se aproba o proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 01/533-1).

Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que a continuación se cita.

Solicitante: Electra de Santa Comba, S.L.

Domicilio social: r/ Miraflores, nº 20 baixo, 15840 Santa Comba (A Coruña).

Denominación: L.M.T.A., C.T.A., R.B.T.A. en Pedra Maior.

Situación: Santa Comba.

Descricións técnicas: liña eléctrica aérea de media tensión a 20 kV sobre apoios de formigón e con conductor LA-30 de 18 m de lonxitude, con orixe no apoio nº 20 da liña nomeada Vilar de Céltigos e final no C.T. Pedramaior que se vai instalar. Centro de transformación sobre apoio de formigón de 160 kVA e tensións 20/0,380-0,220 kV en Pedramaior do que parte rede de baixa tensión sobre apoios de formigón e con conductor R.Z. de 1.972 m de lonxitude, discorrendo polos lugares de Pedramaior e Vilar de Céltigos. Santa Comba.

Cumpridos os trámites ordenados na Lei 54/1997, do 27 de novembro, do sector eléctrico (BOE nº 285), e no título VII, capítulo II, do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro (BOE nº 310), sobre autorización de instalacións de enerxía eléctrica, esta delegación provincial resolve:

Autorizar e aproba-lo proxecto de execución das devanditas instalacións, das que as características

se axustarán en tódalas súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación.

As instalacións executaranse nun prazo non superior a seis meses, contados a partir da data desta resolución.

Contra a presente resolución poderase interpoñer recurso de alzada ante o conselleiro de Industria e Comercio no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ó da notificación desta resolución; tamén se poderá interpoñer calquera outro recurso que se estime pertinente ó seu dereito.

A Coruña, 2 de abril de 2002.

Jesús Espada Martínez

Delegado provincial da Coruña