Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e aprobación do proxecto de
execución da instalación eléctrica que a continuación se cita.
Solicitante: Hidroeléctrica de Laracha, S.L.
Domicilio social: Nicaragua, 10-3º esq., A Coruña.
Denominación: C.T. aéreo de 100 kVA e saídas en B.T. na r/ Plácido Pedreira.
Situación: A Laracha.
Descricións técnicas: centro de transformación aéreo de 100 kVA a 15/20 kV e 0,380-0,220 na r/ Plácido Pedreira e empate a B.T. A Laracha.
Cumpridos os trámites ordenados na Lei 54/1997, do 27 de novembro, do sector eléctrico (BOE nº 285), e no título VII, capítulo II, do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro (BOE nº 310), sobre autorización de instalacións de enerxía eléctrica, esta delegación provincial resolve:
Autorizar e aproba-lo proxecto de execución das devanditas instalacións, das que as características se axustarán en tódalas súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación.
As instalacións executaranse nun prazo non superior a seis meses, contados a partir da data desta resolución.
Contra a presente resolución poderase interpoñer recurso de alzada ante o conselleiro de Industria e Comercio no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ó da notificación desta resolución; tamén se poderá interpoñer calquera outro recurso que se estime pertinente ó seu dereito.
A Coruña, 26 de marzo de 2002.
Jesús Espada Martínez
Delegado provincial da Coruña