Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 96 Martes, 21 de maio de 2002 Páx. 7.423

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

CÉDULA do 15 de abril de 2002, da Subdirección Xeral de Inspección de Transportes, pola que se notifican as resolucións dos recursos interpostos contra os expedientes sancionadores incoados por infracción da normativa vixente en materia de transportes terrestres devoltas polo servicio de correos por resultaren descoñecidos os seus destinatarios ou ben porque intentada a notificación non se puido efectuar (expediente PO-00032-O-2001 e outro máis).

Por medio desta cédula notifícaselles ós denunciados, cos datos e último enderezo coñecido que se sinalan no anexo, as resolucións dos recursos interpostos contra as resolucións sancionadoras recaídas nos expedientes sancionadores que se citan nel.

Fáiselles saber que contra as ditas resolucións, que se transcriben definitivas en vía administrativa, cabe recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ó da publicación desta cédula.

En caso de conformidade con estas resolucións deberán facer efectiva a multa mediante ingreso en calquera oficina do BBVA, transacción 1316, NIF: S1511001H, clave 39001, e de non facelo así procederase ó seu cobramento pola vía de constrinximento segundo o disposto no artigo 97 da vixente Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Para que conste, lles sirva de notificación ós citados denunciados, e en cumprimento do disposto no artigo 59.4º da citada Lei 30/1992, do 26 de novembro, expido, asino e selo esta cédula en Santiago de Compostela, 15 de abril de 2002.

Carlos A. González Rodríguez

Subdirector xeral de Inspección de Transportes

ANEXO

Expediente: PO-00032-O-2001.

Matrícula: PO-4337-BP.

Denunciante: G.C. de Tráfico.

Denunciado: José Ramón Vázquez Fernández.

Último enderezo coñecido: Trabanca Badiña, 26, 36600 Vilagarcía de Arousa (Pontevedra).

Feito denunciado: realizar transporte de mercadorías carecendo de autorización de transportes, tarxeta de transportes, transporta paquetería, presenta tarxeta MDL local, caducada o 30-11-2000.

Data: 9-1-2001.

Hora: 12.00.39.

Estrada e p.k.: N-640; 324,200.

Precepto infrinxido: artigo 90 da Lei 16/1987 e artigo 41 do Real decreto 1211/1990.

Precepto sancionador: artigo 143 da Lei 16/1987, artigo 201 do Real decreto 1211/1990.

Sanción imposta: 300,51 euros.

Resolución recurso: estimado parcialmente 150,25 euros.

Expediente: PO-02942-O-2000.

Matrícula: M-9808-VZ.

Denunciante: G.C. de Tráfico.

Denunciado: Carlos A. de Carvalho Esteves.

Último enderezo coñecido: Manuel Rodríguez, 8-1º D, 36400 O Porriño (Pontevedra).

Feito denunciado: circular efectuando un transporte de mobles de madeira, carecendo da tarxeta de transportes.

Data: 13-11-2000.

Hora: 16.40.

Estrada e p.k.: N-550; 172,500.

Precepto infrinxido: artigo 103 da Lei 16/1987 e artigo 158 do Real decreto 1211/1990.

Precepto sancionador: artigo 143 da Lei 16/1987, artigo 201 do Real decreto 1211/1990.

Sanción imposta: 150,25 euros.

Resolución recurso: desestimado.