Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 96 Martes, 21 de maio de 2002 Páx. 7.421

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA E FACENDA

RESOLUCIÓN do 24 de abril de 2002, da Secretaría Xeral e do Patrimonio da Consellería de Economía e Facenda, pola que se fai pública a adxudicación do concurso público, polo procedemento aberto e tramitación ordinaria, para a contratación dunha asistencia técnica para a elaboración do inventario de bens mobles a que fai referencia o artigo 151 e) do Regulamento do patrimonio e unha guía de procedementos.

En cumprimento do disposto no artigo 93 do Real decreto lexislativo 2/2000, do 16 de xuño, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos das administracións públicas, faise pública a adxudicación do seguinte contrato de obras:

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Consellería de Economía e Facenda.

b) Dependencia que tramita o expediente: Secretaría Xeral e do Patrimonio.

c) Nº de expediente: 38/2001.

2. Obxecto do contrato.

a) Tipo de contrato: consultoría e asistencia.

b) Descrición do obxecto: contratación dunha asistencia técnica para a elaboración do inventario dos bens mobles a que fai referencia o artigo 151 e) do Regulamento do patrimonio, e unha guía de procedementos.

c) Diario oficial e data de publicación do anuncio de licitación: DOG nº 244, do 19 de decembro de 2001.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma de adxudicación: concurso público.

4. Presuposto base de licitación.

Importe total: noventa mil cento cincuenta e un euros e oitenta e dous céntimos (90.151,82 A), IVE incluído.

5. Adxudicación.

a) Data: 1 de marzo de 2002.

b) Contratista: Cibernos Consulting, S.A.

c) Nacionalidade: española.

d) Importe de adxudicación: setenta e seis mil seiscentos vintenove euros e catro céntimos (76.629,04 A), IVE incluído.

Santiago de Compostela, 24 de abril de 2002.

P.D. (Orde 13-12-1993)

Emilio Álvarez Rey

Secretario xeral e do Patrimonio