Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 96 Martes, 21 de maio de 2002 Páx. 7.417

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

ORDE do 6 de maio de 2002 pola que se declaran aptos na fase de prácticas os opositores que superaron o procedemento selectivo para ingreso no corpo de mestres, convocado pola Orde do 8 de marzo de 2001 (Diario Oficial de Galicia do 12 de marzo).

Pola Orde do 14 de setembro de 2001 (DOG do 8 de outubro) nomeáronse funcionarios en prácticas do corpo de mestres os opositores que superaron o procedemento selectivo convocado pola Orde do 8 de marzo de 2001 (DOG do 12 de marzo).

Finalizada a fase de prácticas e vistas as propostas efectuadas polas comisións avaliadoras, a Consellería de Educación e Ordenación Universitaria

DISPÓN:

Declarar aptos na fase de prácticas e aprobados definitivamente no procedemento selectivo para

ingreso no corpo de mestres, convocado pola Orde do 8 de marzo de 2001 (DOG do 12 de marzo) os opositores que figuran no anexo da Orde do 30 de agosto de 2001 (DOG do 10 de setembro).

Santiago de Compostela, 6 de maio de 2002.

Celso Currás Fernández

Conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria