Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 95 Luns, 20 de maio de 2002 Páx. 7.372

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

DEPUTACIÓN PROVINCIAL DA CORUÑA

RESOLUCIÓN do 9 de maio de 2002 pola que se convoca concurso, con procedemento aberto e tramitación ordinaria, para a contratación da publicidade para a promoción da realización das diferentes festas de exaltación do percebe que teñan lugar na provincia. (Expediente 3117/2002).

Obxecto: publicidade para a promoción da realización das diferentes festas de exaltación do percebe que teñan lugar na provincia.

Orzamento: 87.000 euros (IVE incluído).

Forma de adxudicación: concurso con procedemento aberto.

Garantía provisional: non se esixe.

Garantía definitiva: 4% do importe da adxudicación.

Información: Servicio de Patrimonio e Contratación.

Proposicións: ata as 13 horas dentro do prazo de 15 días naturais contados desde o seguinte ó da derradeira publicación no BOP ou no DOG.

Anuncio extenso: BOP da Coruña.

A Coruña, 9 de maio de 2002.

José Luis Torres Colomer

Presidente da Deputación Provincial da Coruña

José Luis Almau Supervía

Secretario da Deputación Provincial da Coruña