Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 95 Luns, 20 de maio de 2002 Páx. 7.368

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE REDONDELA

ANUNCIO.

Aprobado por resolución da alcaldía con data 9 de maio de 2002 o prego de cláusulas administrativas particulares que rexerán no concurso, con procedemento aberto e trámite ordinario, para contrata-la execución das obras de creación de área recreativa na marxe do río Alvedosa (POL-2002), anúnciase o seguinte concurso:

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Concello de Redondela (Pontevedra).

b) Dependencia: Urbanismo, Vías e Obras.

2. Obxecto do contrato.

a) Descrición: contratación das obras comprendidas no proxecto de creación de área recreativa na marxe do río Alvedosa (POL-2002).

b) Lotes: non.

c) Lugar de execución: núcleo urbano de Redondela (Pontevedra).

d) Prazo de execución: 4 meses.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso.

4. Orzamento base de licitación.

Importe total: 174.413,48 euros, á baixa.

5. Garantía.

Provisional: 3.488,27 A.

6. Obtención de documentación e información.

a) Entidade: Concello de Redondela (negociado de Urbanismo).

b) Domicilio: Alfonso XII, nº 2.

c) Localidade e código postal: Redondela, 36800.

d) Teléfono: 986 40 03 00.

e) Telefax: 986 40 38 94.

f) Data límite de obtención de documentación e información: ata o día de remate do prazo de presentación de proposicións.

7. Requisitos específicos do contratista.

a) Clasificación : categoría C; grupo G; viais e pistas; subgrupo 6, obras viais sen cualificación específica.

Agás o disposto no artigo 25.2º do TRLCAP para os empresarios non españois de estados membros da comunidade europea.

8. Presentación de ofertas.

a) Prazo: 26 días naturais contados a partir do seguinte ó da última publicación deste anuncio no BOP ou no Diario Oficial de Galicia.

Se o último día do prazo cadrara en sábado ou inhábil entenderase prorrogado ó primeiro día hábil seguinte.

b) Documentación: a esixida no prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación:

-Entidade: Concello de Redondela.

-Domicilio: rúa Alfonso XII, 2.

-Localidade e código postal: Redondela, 36800.

d) Prazo durante o que o licitador está obrigado a mante-la súa oferta: 3 meses contados desde a apertura de proposicións.

e) Admisión de variantes: non.

9. Apertura de ofertas.

a) Entidade: Concello de Redondela.

b) Domicilio: rúa Alfonso XII, 2.

c) Localidade: Redondela (Pontevedra).

d) Data: o día seguinte hábil, non sábado, ó do remate do prazo de presentación de ofertas.

e) Hora: 12 horas.

10. Outras informacións.

O modelo de proposición axustarase á cláusula III.2.3 do prego de cláusulas administrativas particulares.

11. Gastos anuncios.

Serán por conta do adxudicatario.

Redondela, 9 de maio de 2002.

Xaime Rei Barreiro

Alcalde