Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 95 Luns, 20 de maio de 2002 Páx. 7.367

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE MONFERO

ANUNCIO de concurso, con procedemento aberto, para a adquisición de terreo.

Obxecto: a adquisición do terreo para campo da festa do Alto de Xestoso, no lugar da Graña, parroquia do Alto de Xestoso, cunha superficie aproximada de 4.000 m.

Tipo de licitación: 21.200 A.

Proposicións: presentaranse no Rexistro de Entrada do concello, das 9 ás 13 horas, durante o prazo de vinteseis días naturais, contados desde o seguinte ó da última publicación deste anuncio no BOP ou DOG, na forma e coa documentación que se indica no prego de condicións e de acordo co modelo de proposición anexo a el.

Apertura de plicas: na casa do concello, ás 14 horas do día hábil seguinte a aquél no que remate o prazo de presentación de proposiciones, excepto sábado.

Monfero, 8 de maio de 2002.

Andrés Feal Varela

Alcalde