Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 95 Luns, 20 de maio de 2002 Páx. 7.358

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

INSTITUTO GALEGO DA VIVENDA E SOLO

CÉDULA do 9 de maio de 2002, da Área Provincial de Pontevedra, pola que se notifica a iniciación do expediente sancionador ES-P-045/01, por omisión do visado do contrato de compravenda da vivenda que lle foi adxudicada, devolto polo servicio de correos.

De conformidade co disposto polo artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificado por Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, intentada a notificación persoal, sen que esta se puidese practicar, notifícaselle á persoa que se relaciona no anexo, o acordo de iniciación do procedemento sancionador ES-P-045/01, dictado polo delegado provincial da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, con data do 22 de novembro de 2001, por infracción do disposto no artigo 6.f) da Lei 13/1996, do 30 de decembro, de infraccións en materia de vivenda, devolto polo servicio de correos.

Consonte co disposto no artigo 16 do Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto, polo que se aproba o Regulamento do procedemento para o exercicio da potestade sancionadora, o interesado disporá dun prazo de quince días para achegar cantas alegacións, documentos ou informacións estime convenientes e, de se-lo caso, para propoñer proba, concretando os medios de que pretenda valerse.

Así mesmo, en calquera momento do procedemento, poderá coñece-lo seu estado de tramitación e acceder e obter copias dos documentos contidos nel, nestas dependencias da Área Provincial do IGVS (r/ Alcalde Hevia, 7, Pontevedra).

Expido, asino e selo esta cédula en Pontevedra o 9 de maio de 2002.

Andrés Iglesias López

Xefe da Área Provincial de Pontevedra

ANEXO

Expediente sancionador: ES-P-045/01.

Nombre: Rosalía Lago Costas.

Último enderezo coñecido: r/ Torrecedeira, 73, 4º B. Vigo.

Expediente construcción: PO-83/450, cuenta 11.

Infracción: omisión do visado do contrato de compravenda da vivenda referenciada (art. 6 f) da Lei 13/1996).

Sanción que lle pode corresponder: desde 3.005,07 A ata 60.101,21 A art. 7.1º c) da Lei 13/1996.