Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 95 Luns, 20 de maio de 2002 Páx. 7.357

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

AUGAS DE GALICIA

ANUNCIO de convocatoria dos representantes dos usos agrícolas de rega que utilicen augas superficiais nas comisións de desaugamento de encoros de Augas de Galicia.

A Orde do 6 de agosto de 2001, publicada no Diario Oficial de Galicia do 16 de agosto, pola que se regulan as comisións de desaugamento de encoros de Augas de Galicia, establece, no seu artigo 1º, que no territorio correspondente ás bacías hidro

gráficas de Galicia-Costa constituiranse tres comisións de desaugamento de encoros coas denominacións e ámbito territorial que se determinan na citada norma.

Así mesmo, no artigo 4.1º c) do mesmo texto normativo disponse que nas devanditas comisións estarán representados os usuarios, con dereitos inscritos ou en trámite de inscrición no Rexistro de Augas, de usos de rega que utilicen augas superficiais, pola agrupación de tódalas comunidades de regadores e regadores individuais cun representante elixido entre eles por cada comisión.

O 20 de marzo de 2002 publicouse no Diario Oficial de Galicia anuncio, polo que se comunicaba a exposición nas dependencias administrativas do organismo autónomo Augas de Galicia do censo provisional dos ditos usuarios de rega, para que, no prazo de 15 días a partir da data de publicación no diario oficial, poidesen facerse as alegacións oportunas a el.

Transcorrido o dito prazo, e co obxecto de proceder á elección dos representantes dos usos agrícolas de rega nas comisións de desaugamento de encoros, convócanse os citados usuarios ó acto público que se vai celebra-lo vindeiro día 20 de maio, ás 9 horas, na aula 5 da Escola Galega de Administración Pública, sita na rúa Madrid, 2-4, no polígono das Fontiñas, no que, trala comprobación dos títulos achegados, acreditativos da súa condición de electores e elixibles, se procederá á referida elección.

Santiago de Compostela, 10 de maio de 2002.

Francisco José Pan-Montojo González

Presidente de Augas de Galicia