Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 95 Luns, 20 de maio de 2002 Páx. 7.356

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE

RESOLUCIÓN do 26 de abril de 2002, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se notifica a incoación do expediente sancionador PO-AD-2001/5 (protección de animais domésticos e salvaxes en catividade-Pontevedra).

De conformidade co disposto no artigo 59.4 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselle á persoa que no anexo se menciona a incoación do expediente sancionador por infracción á Lei 1/1993, do 13 de abril, de protección de animais domésticos e salvaxes en catividade.

Que, así mesmo, designo instructora do expediente a Pilar Pita Ponte e secretaria a Rosa María Siota Diéguez.

O que se notifica, para os efectos previstos no artigo 29 da devandita Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, podendo recusalo en calquera momento do expediente por algunha das causas previstas no artigo 28 da mentada lei.

Para os efectos previstos na Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, o denunciado disporá dun prazo de quince días hábiles, contados a partir do seguinte ó da publicación desta notificación, para formula-las alegacións, achegar documentos ou achega-las probas que conveña ó seu dereito, advertíndolle que de non efectuar ningunha no prazo fixado, este acordo de incoación poderá ser considerado proposta de resolución, de dárense supostos previstos no artigo 13 do Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto (BOE do 9 de agosto).

Pontevedra, 26 de abril de 2002.

José Antonio López Rodríguez

Delegado provincial de Pontevedra

ANEXO

Expediente: PO-AD-2001/5.

Denunciado: Juan Lains Vidal.

Enderezo: r/ Os Castros, Guireza-Cerdedo (Pontevedra).

DNI: 35268149.

Feitos denunciados: abandono dun can, encontrándose o animal nun estado deplorable con síntomas de haber bastante tempo que non comía. Descoñécese a súa raza, é de cor marrón e pequeno tamaño.

Feitos denunciados o día 17 de novembro de 2001 ás 16.30 horas no lugar Os Castros, no lugar de Quireda-Cerdedo (Pontevedra).

Data do acordo de incoación: 30-1-2002.

Precepto infrinxido: infracción grave do artigo 21.1º c) da Lei 1/1993, do 13 de abril, de protección de animais domésticos e salvaxes en catividade.

Precepto sancionador: Lei 1/1993, do 13 de abril, de protección de animais domésticos e salvaxes en catividade.

Sanción: 300,51 euros (50.0001 ptas.)