Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 95 Luns, 20 de maio de 2002 Páx. 7.334

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

ACORDO do 11 de abril de 2002, da Delegación Provincial da Coruña, polo que se somete a información pública a petición de autorización administrativa e a aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 02/77).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro (BOE nº 285), do sector eléctrico, e no título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro (BOE nº 310), sobre autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización administrativa e a aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Domicilio social: avenida de Arteixo, 171, 15007 A Coruña.

Denominación: L.M.T.S. Porto-praza de Pontevedra II.

Situación: A Coruña.

Descricións técnicas: catro liñas eléctricas de media tensión subterráneas a 15/20 kV, que parten da subestación do Porto e enlazan coas liñas de media tensión subterráneas existentes no Ventorrillo, en praza de Pontevedra, con dirección a C.T. Sol, Hospital cara a C.T. Sol; a C.T. Mantelería (2) con conductor R.H.V. de 240 mm Al e cambio de conductor entre os CC.TT. praza de Lugo I; praza de Lugo II e Alameda desde praza de Ourense, cunha lonxitude de 3.430 m, acondicionamento dos CC.TT. e C.R. Estadio, O Ventorrillo para manobrabilidade de liñas. Concello da Coruña.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán examina-lo expediente e presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, sita no edificio administrativo de Monelos, s/n, 15071 A Coruña, no prazo de vinte días, a partir da última publicación.

A Coruña, 11 de abril de 2002.

Jesús Espada Martínez

Delegado provincial da Coruña