Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 95 Luns, 20 de maio de 2002 Páx. 7.332

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

CÉDULA do 15 de abril de 2002, da Subdirección Xeral de Inspección de Transportes, pola que se notifican os requirimentos de pagamento a quen prestou caución a resultas da sanción que se impuxese nos expedientes sancionadores incoados por infracción da normativa vixente en materia de transportes terrestres devoltos polo servicio de correos por resultaren descoñecidos os seus destinatarios ou ben porque intentada a notificación non se puido efectuar (expediente OU-01615-O-2001 e outro máis).

Por medio desta cédula requírense os fiadores, cos datos e último domicilio coñecido que se sinalan no anexo, para que, unha vez que son firmes as resolucións sancionadoras que se citan nel sen que os sancionados as aboaran, procedan ó pagamento delas.

Requírense para que no prazo de 15 días hábiles aboen o importe da dita sanción, mediante ingreso que debe efectuar en calquera oficina do BBVA, transacción 1316, NIF: S1511001H, clave 39001, co apercibimento de que de non facelo así se procederá ó seu cobramento pola vía de constrinximento, segundo o disposto na lexislación vixente.

Para que conste, lles sirva de notificación ós citados garantes e en cumprimento do disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro (BOE do 27 de novembro), de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, expido, asino e selo esta cédula en Santiago de Compostela, 15 de abril de 2002.

Carlos González Rodríguez

Subdirector xeral de Inspección de Transportes

ANEXO

Expediente: OU-01615-O-2001.

Matrícula: TV-961168.

Denunciante: G.C. de Tráfico.

Denunciado: Ghirelli, S.R.I.

Último enderezo coñecido: Vía Don Minzohi, 15, 43015 Noceto-Parma (Italia).

Feito denunciado: non ter realizada a inspección periódica obrigatoria do aparello tacógrafo. Nº homologación 2294918, marca Kienzle. Caducada o 2-1-1994 segundo a placa de instalación.

Data: 9-5-2001.

Hora: 16.45 h.

Estrada e p.k.: N-541; 16.

Precepto infrinxido: R (CE) 3821/1985.

Precepto sancionador: artigo 143 da Lei 16/1987 e artigo 201 do Real decreto 1211/1990.

Sanción imposta: 300,51 euros.

Expediente: OU-02877-O-2000.

Matrícula: 37-18-QH.

Denunciante: G.C. de Tráfico.

Denunciado: Transcuenca-Ttes. Internacionales, Lda.

Último enderezo coñecido: rúa Cidade de Leiria, 1, Cave, Setubal (Portugal).

Feito denunciado: realizar transporte internacional de mercadorías en vehículo pesado de cinco eixes, dando unha masa total en carga de 46.350 kg, estando autorizado para unha masa máxima de 40.000 kg. Exceso de 6.350 kg (15%). Pesaxe nº 425 en báscula Haenni WL 103 nº 1688-1694. Verificación C.E.M. ata 14-9-2001. Transporta dous bloques de granito.

Data: 16-10-2000.

Hora: 12.59 h.

Estrada e p.k.: A-52; 218.

Precepto infrinxido: artigo 200.3º do Real decreto 1211/1990.

Precepto sancionador: artigo 143 da Lei 16/1987 e artigo 201 do Real decreto 1211/1990.

Sanción imposta: 901,52 euros.