Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 95 Luns, 20 de maio de 2002 Páx. 7.324

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DE PESCA E ASUNTOS MARÍTIMOS

ORDE do 8 de maio de 2002 pola que se resolve o concurso para a provisión de postos de traballo vacantes da Administración xeral da Xunta de Galicia, reservados ó persoal funcionario pertencente á escala específica á que se refire a disposición transitoria quinta da Lei 4/1988, do 26 de maio, convocado pola Orde do 20 de xullo de 2001.

Convocado o concurso para a provisión de postos de traballo vacantes da Administración xeral da Xunta de Galicia, reservados ó persoal funcionario pertencente á escala específica á que se refire a disposición transitoria quinta da Lei 4/1988, do 26 de maio, pola orde desta consellería do 20 de xullo de 2001 (DOG nº 157, do 14 de agosto), e á vista das propostas de adxudicación de vacantes ós participantes na primeira fase e fase de resultas do concurso, elevadas pola comisión de valoración de méritos dos concursantes, mediante acordo adoptado na correspondente sesión, esta consellería, de conformidade co previsto na base VI.6 da convocatoria,

DISPÓN:

Primeiro.-Resolver definitivamente o concurso para a provisión de postos de traballo vacantes da Administración xeral da Xunta de Galicia, reser

vados ó persoal funcionario pertencente á escala específica á que se refire a disposición transitoria quinta da Lei 4/1988, do 26 de maio, convocado pola Orde do 20 de xullo de 2001, adxudicándolles ós/ás funcionarios/as que se relacionan nos anexos I e II os postos de traballo que neles se especifican, tanto da primeira fase do concurso como da fase de resultas, respectivamente.

Segundo.-De conformidade co disposto no Regulamento de provisión de postos de traballo, promoción profesional e promoción interna, e na base VIII.1 da convocatoria do concurso, a toma de posesión dos/das funcionarios/as que obtiveron un posto de traballo como consecuencia da resolución do concurso efectuarase nos prazos establecidos no artigo 14 do citado regulamento, computándose estes a partir do día 1 de xuño de 2002.

Terceiro.-Contra esta orde, que pon fin á vía administrativa, poderase interpoñer recurso potestativo de reposición, ante esta consellería, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, de conformidade co establecido na Lei 30/1992, do 26 de novembro, ou poderase impugnar directamente, ante o xulgado do contencioso-administrativo competente, no prazo de dous meses contados desde a mesma data, de acordo co disposto na Lei 29/1998, do 13 de xullo.

Santiago de Compostela, 8 de maio de 2002.

Enrique César López Veiga

Conselleiro de Pesca e Asuntos Marítimos