Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 94 Xoves, 16 de maio de 2002 Páx. 7.277

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

ACORDO do 9 de abril de 2002, da Delegación Provincial da Coruña, polo que se somete a información pública a petición de autorización administrativa e a aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 02/54).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro (BOE nº285), do sector eléctrico, e no título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro (BOE nº 310), sobre autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización administrativa e a aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Domicilio social: avda. de Arteixo, 171, 15007 A Coruña.

Denominación: L.M.T.S. subestación Porto-San Pedro (2).

Situación: A Coruña.

Descricións técnicas: liña eléctrica de media tensión subterránea a 15/20 kV, de 280 m de lonxitude, en conductor R.H.V. de 240 mm Al que enlaza a L.M.T.S. SPV-710, cos centros de transformación Comandante Barja e Alfredo Vicenti.

Liña eléctrica de media tensión subterránea a 15/20 kV, de 20 m de lonxitude que enlaza a L.M.T.S. SPV-710 con Mantelería C.S. pasando por C.T. praza de Pontevedra I. Concello da Coruña.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán examina-lo expediente e presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, sita no edificio administrativo de Monelos, s/n, 15071 A Coruña, no prazo de vinte días, a partir da última publicación.

A Coruña, 9 de abril de 2002.

Jesús Espada Martínez

Delegado provincial da Coruña