Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 94 Xoves, 16 de maio de 2002 Páx. 7.276

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

ACORDO do 5 de abril de 2002, da Delegación Provincial da Coruña, polo que se somete a información pública a petición de autorización administrativa e a aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita. (Expediente 31667, ampliación 2002).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro (BOE nº285), do sector eléctrico, e no título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro (BOE nº 310), sobre autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización administrativa e a aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Domicilio social: avda. de Arteixo, 171, A Coruña.

Denominación: módulo parque eólico Serra da Loba.

Situación: Teixeiro.

Descricións técnicas: ampliación da subestación 220/66 kV Sidegasa, en Teixeiro, consistente en:

-Nova posición de liña a 66 kV, denominada parque eólico Serra da Loba, equipada coa seguinte paramenta: interruptor tripolar extraíble para 2000 A, 31,5 kA, tres trafos de tensión e outros tres de intensidade, seccionador tripolar de P.A.T., aparellos eléctricos para control, protección e medida.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán examina-lo expediente e presenta-las súas alegacións nesta delegación pro

vincial, sita no edificio administrativo de Monelos, s/n, 15071 A Coruña, no prazo de vinte días, a partir da última publicación.

A Coruña, 5 de abril de 2002.

Jesús Espada Martínez

Delegado provincial da Coruña