Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 93 Mércores, 15 de maio de 2002 Páx. 7.164

VI. ANUNCIOS

OUTROS ANUNCIOS

XUNTA DE COMPENSACIÓN DO POLÍGONO DE MESOIRO

ANUNCIO.

Comunícase a través deste anuncio que a xunta de compensación do polígono do Mesoiro presentou, para a súa tramitación ante o Concello da Coruña, o proxecto de ocupación do predio de titularidade descoñecida existente no ámbito do Plan parcial do sector S-5, val de Mesoiro, previsto polo vixente Plan xeral da Coruña (parcela 98 do plano parcelario, coa referencia catastral polígono 10, parcela 50). O que se notifica para os efectos previstos no artigo 59.4º da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común. O expediente atópase sometido a información pública polo prazo de vinte días no domicilio da xunta de compensación, sito na avda. Alfonso Molina, 5, baixo, das 10 ás 14 horas e das 17 ás 20 horas, de luns a venres, ou nas dependencias do Servicio de Urbanismo do Concello da Coruña (rúa Parque, s/n).

A Coruña, 7 de maio de 2002.

O secretario da xunta de compensación

do polígono de Mesoiro

Rubricado