Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 93 Mércores, 15 de maio de 2002 Páx. 7.164

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE TRASMIRAS

EDICTO.

No BOP nº 78, de data 6 de abril de 2002, publícanse integramente as bases da convocatoria de probas selectivas realizadas por este concello de Trasmiras, para prover, mediante o sistema de concurso oposición, con reserva para promoción interna dunha praza de administrativo da escala de administración xeral.

Quenes, reunindo os requisitos esixidos na convocatoria, desexen participar neste procedemento selectivo, deberán presentar instancia no rexistro xeral deste concello de Trasmiras, ou segundo o previsto no artigo 38.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, no prazo de vinte días naturais contados desde

o seguinte ó da publicación do presente anuncio no Boletín Oficial del Estado.

Os seguintes anuncios relativos a esta convocatoria publicaranse exclusivamente no BOP e no taboleiro de anuncios desta corporación.

Trasmiras, 11 de abril de 2002.

Jaime Garrido Sotelo

Alcalde-presidente